Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere máis axilidade no pago das subvencións da Deputación

NOTA DE PRENSA;
O GPPP denuncia retrasos de ata un ano no pago de subvencións culturais e deportivas que concede a Deputación

* González Barcia considera que esta situación hipoteca a actividade dos clubes polo que insta a Gómez Besteiro a axilizar os pagos

Lugo, a 11 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou hoxe o considerable retraso que está a ter a Deputación no abono das subvencións culturais e deportivas.

Así, os populares afirman que na Xunta de Goberno de mañá a Deputación aprobará a xustificación de sete subvencións culturais correspondentes ó ano 2008, e 21 subvencións deportivas correspondentes tamén ó ano 2008 por un importe total de 56.689,39 euros (7.721,72 euros de cultura e 48.967,67 euros de deportes.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, considera que con esta demora na execución dos pagos estase a hipotecar a actividade dos clubes e asociacións.

Algunhas destas subvencións, segundo explicou, superan os 3.000 euros polo que “coantías tan importantes, pendentes de cobro tanto tempo, poñen en risco a liquidez económica dos colectivos, e poden mesmo provocar que se deixen de realizar actividades”.

Para evitar este extremo, os populares consideran que a Deputación debe axilizar máis “a súa xestión política”, dado que, segundo Barcia, “estase a usar a Deputación como escaparate propagandístico de apoio ó deporte e á cultura, pero á hora da verdade os feitos demostran todo o contrario porque ou se retrasan os pagos ou as coantías que conceden non cubren nin sequera os gastos derivados da presentación da correspondente xustificación”.

Exit mobile version