Site icon Crónica3.com A Mariña

Quere saber o PP cando van a entrar en servizo os parques de bombeiros da provincia de Lugo

NOTA DE PRENSA:

Os deputados do PP preguntarán no Parlamento galego cando van a entrar en servizo os parques de bombeiros da provincia de Lugo

Lugo, a 10 de febreiro de 2010.- Os deputados autonómicos do Partido Popular pola provincia de Lugo interesaranse no Parlamento polas previsións que está a barallar a Xunta de Galicia para proceder á apertura dos parques de bombeiros nesta provincia. Pedirán asimesmo que o executivo galego dé conta das xestións que se desenvolveron ata o momento para facer realidade este obxectivo.

Os deputados populares entenden que a posta en funcionamento dos cinco parques de bombeiros (Vilalba, Chantada, Viveiro, Sarria e Barreiros) que neste momento integran o Consorcio de Lugo, participado pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e pola Deputación, teñen unha especial relevancia dado que está previsto que presten servizo a preto de 200.000 habitantes e terán como principal obxectivo garantir unha resposta áxil dos servizos de urxencias, incrementando así a seguridade cidadá e a atención de emerxencias.

Tamén consideran que o investimento final que se adicará a esta cuestión, cifrado en máis de nove millóns de euros, é moi salientable polo que resulta convinte coñecer con exactitude cómo van os trámites para a súa posta en funcionamento e sobre todo cándo poderán entrar en servizo.

Exit mobile version