Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle á Deputación que lle informe onde sitúa os materiais de obras

NOTA DE PRENSA

O GPPP afirma que as certificacións de acopios da rede viaria provincial realizáronse con avais

* Os populares solicitan por escrito que se lles informe dos lugares onde se ubican estes materiais .

Lugo, a 24 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que as certificacións de acopios da rede viaria provincial que o Presidente da Deputacion aprobou a finais do pasado ano están feitas con avales e non se demostra en ningún caso a existencia física do material acopiado nin se concreta o seu lugar de ubicación.

Os populares lembran que a normativa vixente acepta as certificacións de acopios como “operaciones preparatorias” da obra a executar, e indica expresamente que tales acopios estarán ubicados “en la obra o en lugar autorizado”. Na documentación non se concreta o punto de ubicación dos acopios, polo que o Partido Popular ven de solicitar por escrito que se lle informe polo mesmo medio do lugar exacto no que se atopa ese material.

No que se refire á certificación con avais, os populares, que especifican que esta figura é legal e que está perfectamente definida na normativa con porcentaxes de prezos e orzamentos, consideran que o PSOE cae nunha grave contradicción: en certos concellos e noutras administración, onde o PSOE está na oposición, critican con suma dureza as certificacións de obras con avais; pola contra, onde gobernan, semellan non ter ningún tipo de reparo en aceptalas, o que demostra a doble moral que sempre está presente na actuación política dos socialistas.

Exit mobile version