NOTA DE PRENSA
A tormentosa asemblea protagonizada en Viveiro polas antigas forzas do bipartito demostra que o único interese destas formacións e ocultar a súa responsabilidade política no atraso desta infraestrutura
O PP DA MARIÑA SUBLIÑA QUE PSOE E BNG A POUCO MÁIS CHEGAN ÁS MANS BOTÁNDOSE A CULPA OS UNS AOS OUTROS POLA PARALIZACIÓN DO CORREDOR
* Os populares amosan a súa sorpresa porque “chamen á mobilización os mesmos que desde a responsabilidade de Goberno foron incapaces de construír un só metro desta estrada na nosa provincia durante os catro últimos anos”
* O PP mantén a súa esixencia de explicacións a PSOE e BNG por non executar o orzamento comprometido para esta obra e destinar só 10.000 euros ao treito estatal da VAP
A Mariña, 15 de febreiro de 2009.- O Partido Popular da Mariña valora a tormentosa asemblea desenvolvida no día de onte en Viveiro polas antigas forzas do bipartito e no transcurso da cal PSOE e BNG “a pouco máis chegan ás mans” tras botarse a culpa uns aos outros pola paralización da Vía da Altas Prestacións entre Ferrol e San Ciprián durante a pasada lexislatura. O que cualifican como un “bochornoso espectáculo de liortas e reproches” demostra, en opinión dos populares, que socialistas e nacionalistas o único que pretenden e ocultar a súa responsabilidade política no atraso desta infraestrutura vital para A Mariña.
Desde o Partido Popular comarcal amosan tamén a súa sorpresa porque agora chamen á mobilización “os mesmos que desde a responsabilidade de Goberno foron incapaces de construír un só metro desta estrada na nosa provincia durante os catro últimos anos” e subliñan a este respecto que perderon que PSOE e BNG perderon toda capacidade e credibilidade para dar lección do seu compromiso coa Mariña e coa creación de novas infraestruturas de comunicación como é o corredor.
Os populares da nosa comarca manteñen a esixencia de explicacións a PSOE e BNG para que tamén nas súas asembleas e ante a opinión pública expliquen as razóns que os levaron desde o Goberno bipartito a por exemplo non consignar nin un só euro para a construción do treito coñecido como a “variante de Viveiro” desde o 2006 ou a deixar sen executar as partidas que para a VAP reflectían cada ano as contas autonómicas. Nin os 541.634 euros previstos no 2006, nin os 2,5 millóns de euros previstos no 2007, nin os 712.908 euros do 2008 nin, finalmente, os 6,8 millóns de euros que previron investir no 2009.
O Partido Popular de Galicia insiste que o novo Goberno galego ademais de facer unha análise e valoración da situación real na que se atopa a tramitación administraba do corredor estableceu un cronograma realista para a súa execución. Lembran en todo caso que o horizonte temporal para a finalización das obras é sempre unha data máxima e, polo tanto, que dentro das súas posibilidades a Xunta axilizará a creación do corredor “Porque o PPdeG, a diferenza do bipartito si cree na necesidade e utilidade do corredor, e será quen por primeira vez na historia constrúa esta estrada despois de demasiados anos de promesas incumpridas”
Finalmente os populares amosan a súa perplexidade pola actitude de nacionalistas e socialistas que, malia que á Xunta pídenlle que impulse o treito autonómico desta vía, acaban apoiando as contas estatais que tan só prevén 10.000 euros para o treito desta vía entre San Ciprián e Barreiros que é de competencia estatal.