Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP está a esperar das municipais para eliminar as competencias da área sanitaria da costa, afirma o BNG

Nota de Prensa
Veiga afirma que o PP está a esperar a despois das municipais para eliminar as competencias da área sanitaria da Costa.

O BNG esixe a sanidade que de a coñecer as bases do decreto que regula as funcións dos xerentes de área.

O Bloque Nacionalista Galego solicítalle a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, que faga público o proxecto de decreto no que o seu departamento está  a traballar e no que se definen as función do xerente da área de xestión integrada “Non somos nos quen estamos a dicir que ese documento existe, o propio Goberno Galego nunha recente resposta parlamentaria así o recoñece, polo que se a Xunta non ten nada que agochar o que debía era dar a coñecer a súas bases de cara ao seu debate polo conxunto da sociedade”, afirmou Veiga quen explicou o secretismo da Consellaría “pola súa vontade de desmantelar pola porta de atrás as funcións que actualmente se exercían desde as xerencias das áreas sanitarias e a concentración da función das mesmas na persoa do responsábel da Xerencia Integrada”.

As declaracións das que se facían eco diferentes medios de comunicación, efectuadas polo Xerente do Hospital de Monforte e polo Deputado do PP Dámaso López nas que afirmaba que a aposta do goberno era o modelo de áreas así como a resposta parlamentaria do 20 de Xaneiro non deixa lugar a dúbidas das pretensións da Xunta de Galiza de proceder ao desmantelamento da Area Sanitaria da Costa e da de Monforte. Antonio Veiga afirmou “que non somos os nacionalistas da Mariña os que pretendemos crear alarma, a alarma crea o PP e abonda escoitar as declaracións efectuadas nunha asemblea en Monforte polo xerente desa área sanitaria na que afirmaba que o modelo de áreas de xestión e de concentración de servizos e o que vai seguir a Xunta”. Volvendo as declaracións efectuadas en Monforte polo Director dese Hospital resulta particularmente preocupante a afirmación que o seu modelo é o de Madrid ou Andalucía modelos de xestión sanitaria que como todos sabemos resultan especialmente centralizadores

A opinión dos responsábeis autonómicos e da dirixencia do PP, fan boas as peores previsións que os nacionalistas tiñamos analizado sobre a proposta de centralización do mapa sanitario e do recorte da autonomía de xestión do Hospital da Costa que pasará a depender das decisións que se tomarían en Lugo. Neste sentido Antonio Veiga afirmou que “polas vías dos feitos a creación da xerencia única vai significar unha perda de autonomía da Área sanitaria da Costa, abrindo a porta o desmantelamento da mesma até converterse nunha mera sucursal do Hospital de Lugo”.

Non é menor, na opinión do BNG, a clarificación que se fai na resposta do 20 de Xaneiro de 2010 sobre a figura dos equivalentes do xerente de área cuxas función se homologan no Art.5º da Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde. Así na disposición transitoria primeira de dita orde na que literalmente se afirma:” Mentres non se estableza a estrutura das áreas sanitarias, entenderanse por órganos equivalentes aos directores de área, os directores xerentes de atención primaria e especializada así como os directores provinciais, nos seus respectivos centros de gasto”. “Estamos logo diante da proba do algodón no sentido de que a propia Consellaría está a recoñecer, que unha vez que se poñan en marcha as xerencias da área de xestión integrada, estas absorberían as funcións que hoxe realiza o director do Hospital de Burela” afirmou Veiga.

O responsábel Comarcal do BNG denunciou por último “que o PP aproveitándose da súa capacidade para marcar os tempos neste tema pretende retrasar a após as eleccións municipais a implantación do modelo a fin de evitar os custes electorais que significaría deixar aos Hospitais de Burela ou Monforte en mera sucursais do Hospital de Lugo ou en ambulatorios grandes segundo como os queiramos definir”.

Exit mobile version