Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que Pricewaterhousecoopers e Mnemo tamén “coinciden” no proxecto Lugo 02 da Deputación

NOTA DE PRENSA

O GPPP di que Pricewaterhousecoopers e Mnemo tamén “coinciden” no proxecto Lugo 02 posto en marcha pola Deputación

* Os populares suliñan que, como no caso do Innóva-te, PWC asesora e coñece as subcontratacións con Mnemo

Lugo, a 12 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que Pricewaterhousecoopers (PWC) e Mnemo Evolution & Integration Services, ademais da súa vinculación na posta en marcha do programa Innóva-te, tamén son beneficiarias do proxecto Lugo O2.

De feito, PWC ten adxudicado o contrato para o seguemento, a difusión e a avaliación continuada do proxecto Lugo O2 por importe 235.422 euros, así como o contrato para o deseño, impulso e coordinación técnica dos axentes e institucións participantes nas actuacións previstas neste proxecto por importe de 100.000 euros.

Ademais, o 29 de setembro de 2009 a Deputación de Lugo resolve o procedemento de adxudicación para dotar de contidos ás aulas de interpretación da naturaza do proxecto Lugo O2 a favor da Fundación CREA por importe de 970.603 euros. Unha adxudicación que para os populares resulta cando menos chocante dado que esta fundación ten como finalidade, segundo a súa propia páxina web, fomentar a creación de empresas, estimulando a capacidade emprendedora das persoas, especialmente entre os grupos que atopan maiores dificultades de inserción no mercado laboral, é dicir, nada que ver coas aulas da naturaleza.

Pero o aínda máis curioso é, na opinión dos populares, que a Fundación CREA realiza varias subcontratacións en benefico de Mnemo. Así, encárgalle a esta empresa a creación dunha aula virtual de interpretación da naturaleza, é dicir, a realización dunha páxina web, por importe de 150.000 euros e a prestación de servicios de apoio para o impulso e asesoramento continuado durante a execución do proxecto denominado “Posta en valor dos recursos naturais e paisaxísticos dos municipios comprendidos nas tres reservas da biosfera da provincia de Lugo”, que conta cun orzamento 96.888,89 euros.

Para o PP é de supoñer que si PWC leva o servicio de consultoría do seguemento do Lugo O2, algunha vinculación ten que ter coa adxudicación das subcontratacións nas que volta a resultar beneficiada empresa Mnemo.

Ante estas “coincidencias”, o GPPP conclúe que a Deputación está a organizar ou, no seu defecto, consentindo a organización dunha trama empresarial ó redor de proxectos millonarios e que, ademais, no que atinxe á creación ou fomento do emprego non aportan ningún beneficio para a provincia de Lugo.

Para os populares resulta sorprendente que para a posta en marcha e funcionamento de tres furgonetas como aulas móviles da naturaleza durante sete meses (de febreiro a agosto do presente ano) se adiquen 263.000 euros e para a creación dunha páxina web se gasten 150.000 euros e despois se escatimen os cartos á hora de poñer en marcha iniciativas que favorezan ás empresas ou ós autónomos desta provincia.

Exit mobile version