Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que a Xunta solicitará ao goberno do Estado “que o analicen o panga procedentes de países terceiros”

Nota de Prensa

En resposta a unha pregunta parlamentaria do deputado José Manuel Balseiro sobre as garantías de control sanitario de lotes deste peixe procedente do sudoeste asiático

A XUNTA CONFIRMALLE AO PPDEG QUE ESTABLECERÁ UNHA LIÑA DE INVESTIGACIÓN DA SEGURIDADE DO PANGA QUE SE COMERCIALICE EN GALICIA

* A Xunta recorda que este produto tense envolto en moitas redes de alerta sobre os riscos químicos, físicos e microbiolóxicos polo que solicitará  as autoridades do Goberno central que o analicen o panga procedentes de países terceiros antes da súa liberación ao mercado galego

* O Grupo Popular solicita a progresiva substitución polos procedentes da actividade pesqueira galega

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2010.- A Xunta de Galicia ven de confirmarlle ao PPdeG, que solicitou información a través dunha iniciativa parlamentaria, que establecerá unha liña de investigación da seguridade do panga que se comercialice en Galicia e solicitará ás autoridades do Goberno central que analicen o procedente de países terceiros antes da súa liberación ao mercado galego.

Na resposta á pregunta parlamentaria, reconvertida en pregunta con resposta escrita, a Xunta  indica que este produto tense envolto en moitas redes de alerta por riscos químicos, físicos e microbiolóxicos polo que a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación adoptará unha serie de medidas para o ano 2010. Tamén tramitará e xestionará as alertas que se produzan como consecuencia da detección de problemas de seguridade alimentaria nas importacións deste produto e no caso de que das medidas anteriores se deduza unha constante situación de falla dos controis en orixe, solicitaran ao goberno central que tramite, perante a Comisión Europea a suspensión do comercio de dito produto.

A Xunta recorda na súa resposta parlamentaria  que como produto de importación de terceiros países á responsabilidade de entrada no mercado interior é das autoridades centrais dos estados membros da Unión, no caso de España os Postos de Inspección Fronteiriza, adscritos aos Ministerios de Sanidade e Política Social e Administracións Públicas, pero pode darse o caso de que o panga entre por calquera outros PIF dos 27 países da Unión Europea.

O Grupo Popular, a través do seu voceiro do Mar, José Manuel Balseiro Orol, solicitara información sobre a posición prevista polo Goberno galego en relación coa comercialización en España de lotes de peixe panga procedentes do sudoeste asiático con dubidas relativas ás garantías de control sanitario, a súa inclusión nos menús dos centros públicos de competencia autonómica e a progresiva substitución por este dos produtos procedentes da actividade pesqueira galega.

Exit mobile version