NOTA DE PRENSA:
Os populares de Foz, rexistramos unha moción para o seu debate en Pleno reclamando unha rectificación de tal xeito que non se vexa aínda máis comprometida a situación económica municipal nin o recorte previsto repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello.
FOZ PERDERÁ 146.952,42 EUROS DE CONSUMARSE O RECORTE NO FINANCIAMENTO MUNICIPAL PREVISTO POLO GOBERNO ZAPATERO
* O PP espera contar co apoio de BNG e PSOE xa que se trata dunha petición de xustiza e sentido común.
Foz , a 1 de febreiro de 2010.- Segundo os datos que deu a coñecer no día de hoxe o Grupo Municipal do Partido Popular, o Concello de Foz perderá 146.952,42 euros de consumarse o recorte no financiamento local previsto polo Goberno socialista de Zapatero. Mentres que no 2009 as transferencias do Estado ás arcas municipais ascenderon a 1.526.346,40euros, no 2010 está previsto que esta cifra sufra unha notable diminución do 9,63%, reducíndose ata 1.379.393,98 euros.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, esixe unha rectificación do Executivo socialista por canto temen que o devandito recorte non comprometa aínda máis a xa de por si comprometida situación económica municipal, nin repercuta na prestación de obras e servizos por parte do Concello. É polo que rexistraron unha moción para o seu debate no Pleno, instando ao Goberno central a manter como mínimo o mesmo nivel de transferencias a favor do Concello de Foz que no 2009, ou a incrementalo. Ante a xustiza e sentido común, esperan que esta petición conte co apoio tanto do Bloque Nacionalista Galego como do propio PSOE, que ostenta a responsabilidade de goberno.
A pesares da propaganda e de medidas chamados a caducar no tempo, como o publicitario Plan E, o certo é que o Executivo socialista central está a restar recursos aos concellos. As entidades locais vén como día a día mingúa a súa capacidade orzamentaria. Unha asfixia económica pola que o Goberno socialista pretende facer pagar ás outras administracións a súa incapacidade na xestión da crise,e os seus erros en materia económica.
Como é perfectamente lóxico comprender a redución nestes ingresos repercute negativamente en todos os veciños. O tixeirazo imposto polo Executivo socialista ás facendas municipais, obrigará a meirande parte dos concellos a reducir tamén os seus orzamentos para o presente exercicio