NOTA DE PRENSA:
Os populares de Foz, valoran a resposta oficial da Xunta na que se corrobora que, mentres o bipartito destinou 456.000 euros a publicidade e propaganda do Consorcio de Benestar, non consignou ningunha cantidade para dotar de equipamento á escola
SERÁ UN GOBERNO POPULAR O QUE POÑA EN SERVIZO A ESCOLA INFANTIL DE FOZ DESPOIS DE QUE O BIPARTITO FORA INCAPAZ DE FACELO
Foz, 12 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, vén de asegurar que será un Goberno do Partido Popular, o que preside Alberto Núñez Feijóo, o que poña en servizo a tantas veces prometida Escola Infantíl de Foz, no edificio Bahía, despois de que durante os pasados catro anos o Goberno bipartito fora incapaz de facelo.
Os populares locais valoran deste xeito a resposta oficial da Xunta, remitida a preguntas do deputado Jose Manuel Balseiro, na que a Consellería de Traballo e Benestar confirmaba que mentres que o bipartito destinou 456.000 euros a publicidade e propaganda do Consorcio de Benestar, non consignou cantidade algunha para dotar de equipamento a esta escola.
O portavoz popular empraza ao Bloque Nacionalista Galego e ao PSOE a pedir perdón por enganar aos veciños sobre este servizo, convocandoos a manifestarse e a darlles información falsa, e pregúntalle aos nacionalistas “se tiñan previsto abrila sen persoal e mobiliario”, dado que non había recursos consignados para estas dotacións.