Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno de Cervo tratrá mocións do PP sobre pensións, financiamento dos concellos, decreto plurilingüe e fusión das caixas

Nota de Prensa

O Grupo Popular Municipal defenderá no pleno previsto para mañá, ás 19.00 horas varias mocións relativas a temas de actualidade como son: as pensións, o financiamento dos concellos, o decreto plurilingüe e o proxecto de fusión das caixas de aforro.

O Grupo de Goberno busca acadar un acordo da Corporación Municipal para rexeitar a perda de poder adquisitivo dos pensionistas, como consecuencia da suba de impostos que vén de establecer o Executivo socialista de Zapatero, así como un pronunciamento contrario ao recorte no financiamento que o Estado destina a os concellos. Os populares non están a favor de que pensionistas, traballadores e administracións locais teñan que sufrir as consecuencias das erradas políticas do PSOE na xestión da crise.

O Partido Popular tamén defenderá varias mocións relativas o supresión do actual decreto de ensinanza do galego e a súa substitución por un modelo plurilingüe que garanta o equilibrio entre as dúas linguas oficiais así como a progresiva introdución do inglés. No PP perseguen que o  Concello de Cervo sume a súa voz ás moitas familias que veñen demandando que do sistema educativo os rapaces e rapazas salgan manexandose sen dificultade en galego e en  castelán e, ao ser posible, tamén en inglés.

Finalmente unha última moción versará sobre a adhesión da Corporación Municipal ao manifesto “Galicia ten dereito” impulsado por PP e BNG, xunto coas forzas sindicais máis representativas e a patronal. A idea é apostar pola autonomía de Galicia e dos galegos á hora de apostar polo proceso de fusión das caixas de aforro, de tal xeito que naza unha nova gran caixa, solvente e galega.

Exit mobile version