Nota de Prensa
Habilitará unha liña de transporte para todos aqueles que queiran achegarse ao Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia, en onde haberá unha festa mitin co Presidente Feijóo
O PP DE CERVO CONVIDA A AFILIADOS E SIMPATIZANTES A CELEBRAR O ANIVERSARIO DA VICTORIA NAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS
* Os autobuses sairán ás 8.00 horas da Casa do Mar de San Ciprián o domingo 28 de febreiro en dirección a Santiago de Compostela.
* O Grupo Popular defenderá no pleno municipal previsto para mañá ás 19 horas varias mocións sobre asuntos de actualidade: pensións, financiamento dos concellos, decreto plurilingüe e fusión das caixas de aforro.
Cervo, 18 de febreiro de 2010.- O Partido Popular de Cervo quere convidar a todos os afiliados e simpatizantes desta formación política a celebrar o primeiro aniversario da victoria nas eleccións autonómicas que posibilitou o cambio de Goberno en Galicia e a elección como novo presidente da Xunta de Alberto Núñez Feijóo. Os populares cervenses habilitarán unha liña de transporte para todos aqueles que queiran acudir á festa-mitín que terá lugar o domingo 28 de febreiro no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela (San Lárazo)
Segundo as previsións que se manexan os autobuses sairán ás 08.00 horas do próximo domingo desde a Casa do Mar de San Ciprián. Despois do acto está previsto que a comitiva cervense comparta un xantar de confraternidade como paso previo ao regreso ás súas casas dos asistentes. Aqueles que queiran reservar a súa praza deben contactar cos teléfonos 600 602 911 e 686 64 11 58, así como tamén aqueles outros que vaian a desprazarse nos seus vehículos particulares pero queiran tamén acudir ao restaurante.