Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela ve “inflados” os orzamentos para 2010

Nota de Prensa

Os populares consideran que os presupostos municipais para 2010 “están inflados”.

Para o PP, “o bipartito conta duplicar o que recauda polos vados, o que é imposible”.

O PP afirma que os presupostos municipais recollen 525.000’00€ “sen suporte documental”.

O PP de Burela asegurou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano que o alcalde e o bipartito levarán  ó pleno do vindeiro xoves están inflados en €. Eso quere decir que o concello gastará  seis millóns cen mil euros, cando en realidade recaudará   euros. Para o GMPP, esto demostra hasta onde chegan o alcalde e a alcaldesa derrochando. Cando nunha casa entran cen, só se pode gastar cen. Pero o bipartito tira do teto dos cartos públicos con moita alegría.

O GMPP afirma que os presupostos de ingresos fanse sobre o que se tén comprometido cobrar do ano anterior. Eso non se cumple nos presupostos de Burela para 2010. Os distintos ingresos que están inflados son os seguintes:

CONCEPTO COMPROMETIDO 2009 PRESUPOSTADO 2010 DIFERENCIA
Imposto sobre construccións 67.875’93€ 100.000’00 32.124’07
Asistencia a domicilio 15.004’84€ 21.000’00€ 5.996’00€
Licencias urbanísticas 26.920’37€ 70.000’00€ 43.079’63€
Tasa licencia apertura 7.377’90€ 15.000’00€ 7.622’10€
Taxa de vados 42.444’67€ 80.000’00€ 37.555’33€
Taxa de entradas a museos e actos casa da cultura 4.901’00€ 24.000’00€ 19.099’00€
TOTAL 145.476’13€

A esto hai que sumar 85.000’00€  que o bipartito consigna de máis na participación dos tributos do Estado: Burela recibirá 1.335.000’00€, pero eles presupostan 1.420.000’00€.

En definitiva, temos 230.476’13€, que é mui difícil que cheguen a ingresarse ó longo do ano. Prácticamente trinta e oito millóns e medio das antigas pesetas, o que equivale ó 3’75% do presuposto.

Os populares aseguran que é imposible que se multiplique por dous o que se cobra polos vados, como é imposible que aumente a metade o imposto sobre construccións.

Por outra banda, os presupostos inclúen subvencións que non están confirmadas documentalmente por un importe de 341.077’85€. E por riba, inclúen tamén nos presupostos a aportación social do plan E do presente ano, 184.000’00€, que tampouco está confirmada. Desde o PP agardan que sexan ainda máis as subvencións que se reciban, pero a práctica administrativa aconsella incorporar ós presupostos as subvencións cando estas se reciben, e non antes, se non están comprometidas documentalmente. Ou sexa,  un total de 525.077’85€ en concepto de subvencións que en ningún caso teñen suporte documental.

En definitiva, un total de 755.553’98€  aparecen nos presupostos de ingresos e non están para nada comprometidos. Nada máis e nada menos ca algo máis do doce por cento do total do presuposto.

Segundo o GMPP, esto só conducirá  a agravar ainda máis a situación económica do concello. Non chega con poñer no papel que se vai ingresar moito; o importante é que os cartos entres realmente no concello, para poder gastar. O bipartito burelés gasta, e como os cartos non chegan e en 2010 tampouco chegarán, haberá retrasos á hora de pagar as facturas.

Exit mobile version