NOTA DE PRENSA
Os populares aseguran que o bipartito “é incapaz de defender os seus presupostos e ataca ó PP”.
Para o PP, “o bipartito é un proxecto caduco e caducado”.
O PP reitera que hai “follón” dentro do bipartito.
O PP de Burela lamentou hoxe que o bipartito se atribúa actuacións que nin puñeron en marcha nin se corresponden para nada con financiación que dependa do Concello. Así, os populares destacan que a Unidade de Drogodependencia leva funcionando moitos anos con fondos da Xunta, e o concello non aporta nin un só euro para o seu funcionamento. Esto demostra a deriva de propaganda e autobombo na que está instalado o bipartito burelés.
Os populares tamén destacan que o bipartito opúxose á elaboración dun plano de austeridade e contención do gasto, e de aplicación de rigor no abono das facturas de proveedores e empresas. Por eso non é de estranar que as axudas dos corenta euros estean como están, e que se lle adebede a empresas de Burela importes que superan os vintecinco mil euros correspondentes ó ano pasado. Eso sin contar as débedas de máis de catrocentos mil euros pola recollida de lixo, que todos os cidadáns pagamos mensualmente.
Por eso é entendible que o bipartito ataque ó PP polos presupostos do presente ano. Como non son capaces de defendelos com argumentos, porque non os teñen, a culpa agora é do PP e buscan escusas en presupostos de anos anteriores, esquecéndose de que son eles quenes gobernan, ainda que por separado perderon as eleccións. É máis, o PP reitera que hai “follón, e bastante” dentro do bipartito, e por eso non se aprobaron os presupostos en tempo e forma, como sempre reclamaron eles cando estaban na oposición, e do que presumiron nestes dous anos anteriores. Ademais, reiteramos que a distribución dos cartos para gastos diversos demostra as tensións existentes entre BNG e PSOE e mesmo dentro do propio PSOE.
Ademais, entenden que o bipartito busca unha vez sí e outra tamén a confrontación directa coa Xunta. Por eso os populares pregúntanse que vai decir agora o alcalde co anuncio da Xunta de adicar máis de corenta millóns ó plano de cooperación cos concellos en matéria de creación de emprego. O alcalde de Burela foi un dos que dixo que estaban en peligro os GRUMIR, e mesmo pideu nunha moción en xuño do ano pasado urxencia na resolución. Agora agardamos que nada diga, e que tampouco nada diga cando a Xunta lle anticipe os fondos do Plano Concertado de Servicios Sociais para o presente ano.
Finalmente, o PP reitera a súa vontade de traballar por Burela, pero non segundo os criterios dos partidos que sen ser capaces de gañar as eleccións por separado, e sen un programa claro e sen proxectos coherentes e de futuro para Burela, pretenden impoñer os seus criterios á totalidade da poboación. O PP lembra que en nove meses de goberno de Núñez Feijoo téñense acadado máis actuacións para Burela ca em catro anos de bipartitos amigos.
Para os populares, o bipartito só está cheo de vaguedades, incumplimentos e ausencia de proxectos. En definitiva, é un proxecto político caduco e caducado que xa non tén a confianza dos cidadáns.