Nota de Prensa
O GMPP reitera que a auga sale turba e loda.
Os populares denuncian que o alcalde diga que se está a facer e fixe previsións.
O PP de Burela afirmou que a auga da traída segue a sair turba, e leva así xa dúas semanas. Os populares pídenlle ó alcalde que explique que medidas se están adoptando, e cales son as previsións que se teñen, porque as queixas que o PP está a recibir son abundantes. A xente xa non vai ó concello, porque o alcalde non resolve nada.
Os populares lembran que, ó revés do que decía o PSOE cando estaba na oposición, o culpable directo da situación non é o alcalde, pero o alcalde debe decir a verdade, explicar que se está a facer na planta potabilizadora, e decirlle á xente hasta cando vai seguir esta situación. Desde o PP tamén afirman que están seguros de que a empresa está a facer o que pode, pero é o alcalde quen tén que decir que se está a facer e decilo canto antes, mesmo decir cales son os niveis de potabilidade.
O PP lembra que hai uns días o alcalde limitouse a pedirlle á xente que non consumise moita auga. Eso demostra que, unha vez máis, o alcalde “pasa” de asumir responsabilidades, e transimítelles as mesmas ós veciños. Esta situación é intolerable.
Desde o PP indican que “un alcalde que non dí a verdade e elude responsabilidades non é de fiar”.