NOTA DE PRENSA
Os populares alertan que o Plano E de Zapatero pode gravar ó concello burelés con 17.000’00€.
Fernández Valle e González Barcia piden que o Goberno central asuma o aumento do IVE no Plano E de 2010.
O GMPP afirma que “Burela e os cidadáns perden con Zapatero”.
O GMPP de Burela vén de presentar unha moción no concello, para o seu debate o vindeiro xoves, na que solicita que sexa o Goberno de Rodríguez Zapatero o que asuma o aumento do IVE do 16% ó 18% que pode darse nas obras e outras actuacións do Plano E do presente 2010 no que se refire ó Concello de Burela.
Como se sabe, o día un Xullo, ou sexa, dentro de cinco meses, entra en vigor o incremento do IVE, e pode acontecer que as certificacións de obras e de facturas de servicios sometidos a IVE que leve a cabo o concello de Burela dentro do indicado Plano E se presenten despois de esa data, co que o prezo final destas actuacións se verá incrementado.
Pois ben, segundo os concelleiros populares Manuel Fernández e González Barcia, de darse esta circunstancia na súa totalidade, o Concello de Burela deberá de abonar aproximadamente 17.000’00€, ou sexa, cáseque tres millons das antigas pesetas, tendo en conta que o presuposto do plano E-2010 burelés suxeito a IVE ronda os oitocentos cincuenta mil euros. E pode darse, se todas as contratacións se fan atendendo ó prezo de licitación das obras ou servicios e se facturan despois do un de Xullo. O concello solo se salvaría de abonar esa diferencia se tales obras se contratan por prezo inferior ó de licitación ou se facturan antes do día un de Xullo. Algo que a día de hoxe non se sabe, polo que sería importante facer as previsións pertinentes, para que o concello non se vexa gravado con esse posible incremento do IVE, que en todo caso, de producirse, e sexa a cantidade que sexa, repercutiría sobre a economía municipal e por extensión sobre a cidadanía.
A petición facémola por unha sinxela razón: tanto a posta en marcha do Plano E coma o incremento do IVE é competencia directa do Goberno de Zapatero, e polo tanto debe ser este quen resolva os posibles problemas que se plantexen. O concello non tivo nada que ver neste asunto, indican Fernández Valle e González Barcia.
Esto fainos afirmar, din os concelleiros do PP, que Burela con Zapatero perde. Perde o concello, porque Zapatero ainda nos debe catrocentos mil euros do Plano E de 2009, porque Zapatero nos vai deixar de enviar 142.000’00€ da participación nos tributos do Estado, e porque o incremento do IVE pode chegar a afectarnos na contía indicada dos 17.000’00€. Pero tamén perden os cidadáns, e ahí temos os descensos nas contías de moitas pensións que cobran os nosos xubilados. E todo elo ante o silencio do alcalde e dos concelleiros que o apoian. Resulta chocante a postura cómplice dos edís do BNG, tan combativos outras veces e que agora calan ante estas situacións que nos perxudican gravemente, e calan porque eles apoiaron os presupostos de Zapatero, e polo tanto son tan culpables coma os socialistas destes desaguisados, conclúen Fernández Valle e González Barcia.