NOTA DE PRENSA
O GMPP pide que se pare a baixada das pensións.
Os populares Pedre e Barcia afirman que moitos pensionistas bureleses viron como lles baixaban as súas pensións.
O PP asegura que “é un golpe baixo contra os maiores”.
O PP de Burela presentou no concello unha moción para opoñerse claramente á reforma das pensións que vai levar a cabo o goberno de Zapatero, co apoio do BNG, que vota a favor dos presupostos do Estado para 2010..
Os populares Luis Miguel Pedre Díaz e José María González Barcia asinan esta moción que pide que non se recorte o poder adquisitivo dos pensionistas galegos, entre eles, un millar de bureleses. Os populares entenden que este é un golpe baixo contra os nosos maiores, e solicitan un pronunciamento claro da corporación municipal de Burela. Consideran Pedre e Barcia que non se pode encher a boca falando de defensa dos dereitos sociais, como fai o bipartito burelés, e ó mesmo tempo calar ante semellante atentado contra os nosos maiores.
Os edís populares afirman que o Goberno de Zapatero vén de anunciar unha reforma do sistema de pensións e a posibilidade de retrasar a idade de xubilación aos 67 anos. Un debate improvisado que está a crear alarma entre a sociedade, posto que, en plena crise económica, e por primeira vez en moitos anos, todos os pensionistas perderán poder adquisitivo.
Pedre e Barcia entenden que os pensionistas son os que máis están a sufrir os erros económicos do Goberno de Zapatero. As nóminas dos pensionistas este ano son inferiores ás do ano pasado. As pensións de moitos galegos veranse recortadas a través dun incremento no IRPF aplicable ás súas pagas, entre eles moitos pensionistas do noso concello.
Por se fose pouco, o Goberno do Partido Socialista eliminou, precisamente este ano, a dedución de 400 euros que prometeu na campaña electoral de 2008. Unha dedución que foi outra decisión improvisada, que non beneficiou ós que máis a necesitaban e que supuxo un importante esforzo das arcas públicas. Agora, no peor
momento da recesión, en lugar de manter esta axuda que Zapatero vendeu como respaldo ás familias en tempos de crise, retírana para todos por igual, sen ter en conta a dramática situación de moitas familias e, por suposto, dos pensionistas.
O Goberno central está a ocultar a verdadeira situación da Seguridade Social:
* Desde xullo de 2007 perdéronse máis de 1,5 millóns de cotizantes.
* 3 millóns de persoas están a cotizar só mentres lles dure o paro.
* A Seguridade Social está gastando a un maior ritmo (7%) do que ingresa (0%).
* O superávit desplomouse un 30%.
E todo esto, segundo Pedre e Barcia, co apoio do BNG, que votou a favor dos presupostos presentados por Zapatero para 2010. Non se pode decir, como dicen os do bipartito burelés, que se defenden os dereitos sociais, cando se están apoiando medidas que poñen en risco que os maiores cheguen a fin de mes.