Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que o goberno do concello non ten proxecto

NOTA DE PRENSA
Os populares denuncian que un pleno máis se demostra a falla de proxecto do bipartito para Burela.

Consideran que se celebra tarde, mal, e para buscar enfrontamento coa Xunta.

O GMPP, unha vez máis, dalle forza ó pleno: “catro mocións, tres delas para rexeitar o abandono económico co que somete Zapatero a Burela”.

O GMPP de Burela denunciou hoxe, e xa van trinta meses igual, o escaso contido que por parte do alcalde e do bipartito se lle dá ó pleno do concello que se vai celebrar o xoves. Os populares denuncian que unha vez máis se demostra a falla de proxecto de futuro para Burela por parte do bipartito.

OGMPP afirma que dos tres puntos que presenta o bipartito dous son de xestión directa, a ordenanza fiscal sobre dereitos de exame, e os proxectos do Plano E. Pero o outro punto só busca o enfrontamento coa Xunta, porque o bipartito non se corta un pelo ó presentar unha proposta do alcalde para requerirlle á Xunta que leve a cabo un proxecto de pluviais que o alcalde presentou cando o bipartito perdeu as eleccións. Resulta curioso que o alcalde faiga esta proposta do seu proxecto estrela (xunto coa comisión de premios ós solares) cando nin tan siquera a comentou coa Delegada Provincial en ningunha das súas tres visitas da última semana a Burela. Igualmente, é contradictoria esta forma de actuar coa petición de axuda á Xunta para arranxos no rego dos Matos, e mesmo coas súas declaracións públicas de que está agardando a que o chamen da Xunta para saber que axudas nos van dar. Eso é proba da enorme capacidade de diálogo e para chegar a acordos do nosso alcalde.

En cambio, vai ser o PP quen aporte ó pleno asuntos de calado, porque o goberno de Zapatero está a castigar economicamente ó concello de Burela, ante o silencio do alcalde e do bipartito. Porque falaremos de unha débeda total de cincocentos cincuenta mil euros que Zapatero tén contraída con Burela por retrasos do Plano E e merma na participación do concello nos tributos do Estado. E esto repercute negativamente na prestación de servicios por parte do concello e tamén no retraso nos pagos ós proveedores.

En definitiva, que o PP tina razón cando dixo no seu día que chegaba con facer un pleno cada dous meses, porque non hai proxectos nin no alcalde nin no bipartito e porque se aforrarían cartos.

Exit mobile version