Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Mariña cuestiona que o Plan Territorial de Emprego e reclama máis políticas activas de emprego

Nota de Prensa

O pacto debera  servir para ademais de analizar o tecido produtivo, cooperar, coordinar e asesorar aos axentes locais e aos orientadores de emprego municipais e contactar diariamente coas empresas co fin de adiantarse ás súas necesidades
O PP DA MARIÑA CUESTIONA QUE O PLAN TERRITORIAL DE EMPREGO SE CONVERTA NUN SIMPLE SERVIZO DE ESTUDOS ESTATÍSTICOS E RECLAMA MÁIS ACTIVIDADE EN APOIO DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

* Os rexedores de Xove e Cervo asistiron á xuntanza do Comité de Dirección desta entidade onde amosaron o seu escepticismo polo funcionamento deste servizo e a necesidade de reorientar o traballo a desenvolver.

A Mariña, 12 de febreiro de 2009.- Os rexedores do Partido Popular que asistiron á xuntanza posterior ao Comité de Dirección do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña deron conta da súa inquedanza ante a posibilidade de que esta oficina se converta exclusivamente nun  “servizo de análise estatístico” e, polo tanto, que a súa actividade non se esta a dirixir, como debera, a apoiar e impulsar as políticas activas de emprego que se están a desenvolver na comarca, isto é, as dirixidas á loita contra o paro.

Os primeiros edís de Xove (Demetrio Salgueiro) e Cervo (Alfonso Villares) lembraron que o Pacto Territorial polo Emprego á vista dos feitos e resultados foi mal deseñado polo Goberno bipartito da Xunta, o que lle resta funcionalidade e traballo de campo. O ideal é que o Pacto servira para, ademais de analizar o tecido produtivo, cooperar, coordinar e asesorar aos axentes locais e aos orientadores de emprego municipais e contactar diariamente coas empresas co fin de adiantarse ás súas necesidades de emprego.

“Está máis que claro que o Pacto Territorial de Emprego da Mariña precisa dunha reorientación do traballo desenvolvido. Para realizar actividades que de verdade sirvan para crear novos postos de traballo e impulsar o nacemento de novas empresas”

Os rexedores municipais populares interesáronse por cales foron as iniciativas desenvolvidas distintas do simple análise estatístico así como o número total de traballadores beneficiados pois ata o momento ao respecto do funcionamento deste plan premia o escepticismo

Desde o PP lamentan que ata o momento, a existencia do Pacto Territorial de Emprego nesta bisbarra non se ten relevado coma un instrumento válido para frear as consecuencias da crise nin como xerador de alternativas de formación ou reciclaxe profesional para os desempregados.

Exit mobile version