NOTA DE PRENSA:
O PP considera que a cancelación da reunión de hoxe en Madrid deixa patente que Zapatero quere impedir a fusión das caixas galegas
* Os senadores e deputados nacionais e autonómicos analizaron este asunto hoxe no transcurso dunha das súas reunións periódicas de traballo
* O estado no que se atopan as estradas de competencia estatal, os programas promovidos pola Consellería de Medio Rural para favorecer a actividade agrogandeira e a situación dos hospitais de Burela e Monforte foron outros dos asuntos abordados no encontro
Lugo, a 25 de febreiro de 2010.- Os senadores e deputados nacionais e autonómicos mantiveron esta tarde unha das súas reunións periódicas para coordinar as accións que levarán a cabo nas vindeiras semanas, así como para analizar o traballo desenvolto dende a última reunión.
Os asistentes valoraron moi positivamente a repercusión da charla informativa desenvolvida en A Fonsagrada para dar a coñecer os plans dinamizadores que está a poñer en marcha a Consellería de Medio Rural e neste senso teñen previsto repetir a experiencia próximamente en Sarria na que, ademais dos programas de Medio Rural, falarase do plan Impulsa Lugo.
A organización deste tipo de actos fora acordada na anterior reunión mantida polos cargos electos do PP no Senado e nos parlamentos galego e estatal co fin de dar a coñecer en primeira persoa á cidadanía o traballo que están a realizar nas respectivas cámaras.
A situación na que se atopa o sector agrogandeiro lucenses, que ó igual que as demais áreas productivas están a pasar por graves dificultades por mor da crise económica, centrou boa parte do encontro.
Así, valorouse positivamente as medidas que está a poñer en marcha a Consellería de Medio Rural como o pacto agrario galego cuxos obxectivos pasan por garantir a capacidade produtiva dos nosos labregos e gandeiros; que a Política Agraria Común sexa unha rede de seguridade do sector; así como por habilitar mecanismos dabondo para unha xestión eficaz dos mercados. Tamén salientaron a posta en marcha dun plan de actuación para garantir a orixe do leite producido en Galicia ou mesmo o feito de que o Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia contará con 23 millóns de euros adicionais para o período 2009-2013.
Os representantes populares comprometéronse neste eido a seguir a presentar nas respectivas cámaras cantas iniciativas sexan precisas para mellorar a situación pola que está a pasar o agro.
BOICOT Á FUSIÓN DAS CAIXAS.-
A lei de caixas de Galicia e a negociación que están a manter representantes da Xunta e do Goberno central para tentar desbloquear este asunto “primordial para o futuro de Galicia”, segundo a opinión dos representantes populares, foi otro dos asuntos abordados. Neste senso foron moi críticos coa decisión unilateral do executivo central de cancelar a xuntanza prevista para esta tarde e non dubidaron en acusar a Zapatero de estar a perxudicar os intereses de Galicia co boicot que está a facer a unha decisión unánime adoptada polo Parlamento de Galicia. Consideran, de feito, que a actitude amosada polo Goberno de Zapatero coa anulación do encontro de hoxe é inaceptable e amosa que o único que pretende é impedir a fusión das caixas galegas.
Con especial preocupación ven tamén os populares a situación na que se atopan as estradas de competencia estatal na provincia. A este respecto lamentaron o olvido ó que están sometidas vías que soportan gran densidade de tráfico como e o caso, por poñer algúns exemplo, das nacionais 640,642 e 634 nas que non se están a realizar as mínimas labouras de mantemento e polas que, de feito, se interesaron no Congreso e no Senado. Os representantes populares criticaron que os mandatarios socialistas e nacionalistas dos concellos polos que discurren estas estradas non reivindican a súa mellora ante o ministro de Fomento José Blanco e amosaronse especialmente preocupados polas consecuencias que tanto no mantemento como na construcción de novas infraestructuras vai a ter a reducción orzamentaria .
HOSPITAIS.-
A situación dos hospitais comarcais de Burela e Monforte foi outro dos asuntos analizados durante o encontro pola alarma que se suscitou entre a cidadanía dado, ó entender dos populares, “a interesada politización” que algunhas forzas políticas está a facer deste asunto. Neste senso os representantes electos do PP insistiron en que está fora de toda dúbida a aposta da Xunta de Galicia por unha sanidade pública e de calidade.
Así se pon de manifesto, segundo suliñaron, no Acordo de Xestión Sanitaria 2010 recentemente asinado e no que se fixan obxectivos moi concretos para mellorar a prestación deste servizo: recortar as listas de espera, garantindo que as patoloxías máis graves sexan atendidas antes de 30 días e as graves nun máximo de 60 días, incrementar o uso da receta electrónica, informatizar as historias clínicas, seguir incrementando a capacidade diagnóstica na atención primaria e mellorar o rendimento quirúrxico dos hospitais
Os populares insistiron en que a mellora garantía de que seguiranse a manter as áreas sanitarias da Mariña e a Zona Sur é a propia Xunta, que reiteradamente se amosou contraria a levar á practica a reordenación das áreas sanitarias prevista polo anterior goberno bipartito, segundo a cal, a de Burela pasaba a integrarse na de Ferrol e a de Monforte, en Lugo.