NOTA DE PRENSA
Os populares denuncian retraso no vaciado de contenedores de aceite e vidro.
Piden solucións inmediatas para estas situacións negativas.
Solicitan que se faigan públicos os datos de residuos impropios na bolsa amarela.
Para os populares, esto é unha mostra da deixadez sobre as cuestións do día a día do concello á que teñen chegado o alcalde e o bipartito. Esto mesmo tamén acontece coa recollida de vidro, o que provoca sen ningún xénero de dúbidas unha mala imaxe para o cidadán respectuoso co medio ambiente en particular, e unha mala imaxe da vila en xeral.
O GMPP pide que se subsanen inmediatamente estas situacións negativas para a recollida selectiva dado que existen fórmulas a tal efecto. Entendemos que está mui ben facer campañas de sensibilización, ainda que estimamos que se fan poucas, pero se a xente ve que non hai interese real na recollida, esas campañas poden chegar a ser inútiles.
Os populares piden que se faigan públicos os estudios de presencia de resíduos impropios na bolsa amarela, para poder confirmar que os resultados das campañas son óptimos. O GMPP lembra que co goberno municipal popular chegouse a ter unicamente unha presencia do vintetrés por cento de impropios na bolsa amarela, resultado realmente excepcional. Os populares afirman que os resultados deses estudios son os que marcan a fiabilidade das campañas de información.