Nota de Prensa
O GPPP acusa á Deputación de favorecer ós concellos da súa mesma cor política en detrimento dos gobernados polo Partido Popular
* Nos últimos quince meses adxudicaronse obras por valor de algo máis de 12 millóns de euros, dos que o 85 por cento foron a parar a municipios gobernados por socialistas ou/e nacionalistas
* En base a estos datos, os populares conclúen que o goberno provincial practica o sectarismo no reparto dos fondos públicos
* Chaman tamén a atención sobre a “discriminación positiva” da que é obxecto Becerreá, concello ó que se destinaron o 23,8 por cento desta inversión
Lugo, a 8 de febreiro de 2010.- A Deputación de Lugo adxundicou nos concellos da provincia, dende o 2 de outubro de 2008 ata o día de hoxe, obras por importe de 12.127.255,78 euros. Desa cuantía global só 1.885.128,83 euros, o que supón o 15,54 por cento, adicáronse a acometer obras nos concellos gobernados polos populares e eso pese a que o Partido Popular goberna na metade dos municipios da provincia.
Ante estes datos, o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, que compareceu hoxe en rolda de prensa acompañado do voceiro adxunto José María González Barcia, non dubidou en calificar de “sectario e clientelar” ó goberno bipartito da administración provincial.
“Que preto do 85 por cento deses algo máis de 12 millóns de euros se destinen a favorecer ós concellos gobernados polo PSOE e/ou o BNG non é froito da casualidade, é unha actuación premeditada. É usar os recursos públicos con fins claramente electoralistas. O Goberno provincial favorece a uns en detrimento de outros polo que, unha vez máis, a actuación dos responsables da Deputación contradicen a promesa tantas veces pronunciada polo seu Presidente de que gobernaría para todos”, asegurou Barreiro.
Os populares explicaron que as obras contabilizadas non inclúen as englobadas no POS, así coma as actuacións circunscritas ó mantemento e mellora da rede viaria provincial ou ó pago do canon hidroeléctrico.
José Manuel Barreiro tamén considerou “significativo” o feito de que das 25 obras adxudicadas nestes últimos quince meses, nas que segundo insistiu, só seis afectan a concellos con goberno do PP (dúas delas de xeito colateral dado que se trata de actuacións en estradas polo que se ven afectados varios municipios), Becerreá beneficiase de catro (dúas delas tamén relacionadas con estradas cuxo trazado discurre por outros municipios limítrofes).
“O Concello de Becerreá, dirixido por Manuel Martínez, foi o destinatario de obras por importe de 2.896.148,08 euros (o 23,8 por cento do total contabilizado). Conclusión: o Goberno da Deputación, ademais de sectario, practica unha sospeitosa discriminación positiva co municipio de Becerreá”, salientaron os populares.