Site icon Crónica3.com A Mariña

O Portavoz do BNG no Congreso dos deputados reúnese en Viveiro con responsábeis de UXT, CCOO e CIG

Nota de Prernsa

Jorquera reúnese mañá cos sindicatos da Mariña.

O Portavoz do BNG no Congreso dos deputados, Francisco Jorquera, manterá mañá venres a partir das 11:45 na Casa Sindical de Viveiro, unha xuntanza cos responsábeis na Mariña, da UXT, CCOO e da CIG, a fin de analizar a situación laboral da comarca e explicar a posición do BNG sobre a reforma laboral.

O encontro de mañá enmarcase dentro dos contactos que os nacionalistas están a manter cos colectivos sociais de Galiza, para poñer en común, as diferentes análises sobre a crise económica, e de xeito moi particular para evitar que sexan as clases traballadoras as prexudicadas da mesma.

Exit mobile version