FOZ .- Unha vintena de mariñás participarán este xoves no “Entroido feminista” que organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade na Casa do Mar de Foz, no Paseo da Riberia, entre as 16 e 22 hora.
Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra este xoves un ENTROIDO FEMINISTA
Neste Entroido, unha vintena de mulleres disfrazaranse e actuarán como homes, baixo a supervisión da compañía teatral CHÉVERE, para entender como funcionan os roles de xénero
A experiencia para-teatral “SER HOME POR UN DÍA” terá lugar na Casa do Mar de Foz (Paseo da Ribeira) o vindeiro xoves 18, entre as 16 e as 22 horas
Unha vintena de mariñás participarán este xoves no ENTROIDO FEMINISTA que organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade, coa celebración do obradoiro para-teatral SER HOME POR UN DÍA, impartido pola compañía teatral Chévere. rá lugar na Casa do Mar de Foz, no Paseo da Riberia, entre as 16 e 22 horas.
Trátase dunha actividade na que as mulleres se disfrazarán e actuarán como homes, supervisadas polas actrices Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro (de Chévere) que lles axudarán a meterse mellor nos papeis de home. A maquilladora Estefanía Bello, da mesma compañía, traballará con cada unha das participantes para crear unha nova identidade masculina.
O obxectivo deste ENTROIDO FEMINISTA é afondar na comprensión do funcionamento dos roles tradicionais de xénero e como limitan as nosas vidas determinando que é o que pode facer un home ou unha muller. Noutras palabras: reflexionarase como a discriminación descansa nas fondas concepcións de xénero máis tradicionais. Así, preténdese ver que o xénero é un constructo social e cultural (e non algo innato nas persoas) polo que pode mudarse e avanzar así cara a un mundo en igualdade.
O que se quere propoñer é un cambio de papeis. Por un día, polo menos, asumirán o personaxe do outro, para concienciarse de que o xénero é algo construído e, polo tanto, modificable. Apréndese así ocupar o espazo, camiñar, comer, beber, coller obxectos, sorrir, falar, etc., como homes. As participantes relacionaranse entre si como as súas personaxes e investigarán novos comportamentos. Remátase cunha visita a un lugar público como un bar, onde se poñen a proba as novas identidades.