Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Desenvolvemento Rural reúnese en Mondoñedo con empresas de asesoría, xestoría e consultoría

A MARIÑA .- O Grupo de Desenvolvemento Rural reúnese o martes, día 9, as sete da tarde, na Casa da Xuventude de Mondoñedo con empresas de asesoría, xestoría e consultoría da comarca as que propoñerá a “sinatura dun protocolo de colaboración na difusión do Programa Leader 2007-2013 que o GDR de A Mariña xestiona nesta zona”, segundo indicou a responsable Ana Ermida.

Nota de Prensa

MAÑÁ, MARTES 9 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN MONDOÑEDO A XUNTANZA DO GDR COAS EMPRESAS DE ASESORÍA, XESTORÍA E CONSULTORÍA

A xuntanza foi convocada para mañá, martes 9, ás 19 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo.

Nesta xuntanza, como xa se foi indicando ao longo da semana pasada, proporase a estas empresas a sinatura dun protocolo de colaboración na difusión do Programa Leader 2007-2013 que o GDR de A mariña xestiona nesta zona.

Preténdese con este acto, acadar unha implicación destas empresas na difusión do programa e tamén a dinamización das mesmas á hora da elaboración dos proxectos.

Ademais tamén se trata de achegar as liñas de axuda ao sector empresarial da zona por medio destas empresas, que teñen unha relación directa co mesmo.

Exit mobile version