Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo repartirá 3 mil euros no entroido de San Cibrao

CERVO .- O Concello de Cervo fará entrega de preto de 3.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar no desfile de Entroido de San Ciprián para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata o venres 12 de febreiro

Nota de Prensa

A excepción dos premios das categorías infantís os premiados recibirán o diñeiro en metálico nun baile que terá  inicio a partir das dez da noite na Discoteca Pasos

CERVO REPARTIRÁ  PRETO DE 3.000 € EN PREMIOS E AGASALLOS NO ENTROIDO DE SAN CIPRIÁN

* Polo simple feito de participar os que se inscriban no desfile antes do venres 12 recibirán vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido 2010.

Cervo, 02 de febreiro de 2010.-  O Concello de Cervo fará entrega de preto de 3.000 euros en premios a repartir entre aqueles que desexen participar no desfile de Entroido de San Ciprián, que terá lugar o martes 16 de febreiro. Poderase optar por participar a título  individual, por parellas, como grupo ou comparsa. Os premios inclúen desde diñeiro en metálico para os gañadores ata vales para consumicións nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido, para todos os que se inscriban na Casa da Cultura ata o venres 12 de febreiro. Estes vales serán por valor de 5 euros para os participantes que acudan a titulo individual, de 10 euros para as parellas, de 25 € para os grupos e 50 € para as comparsas.

O punto de partida do desfile será o Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga. Alí dará inicio un percorrido polas principais rúas de San Ciprián que rematará na Casa da Cultura. Á súa finalización, e previa deliberación do xurado, entregaranse os premios das categorías infantís e xuvenís, xunto cos vales de consumicións aos participantes. Os premios en metálico das categorías de adultos non se entregarán ata a noite, no baile de disfraces que comezará as 22.00 horas na Discoteca Pasos.

PREMIOS EN METÁLICO

Segundo explicou concelleira de Cultura do Concello de Cervo, Chelo Gallego, o reparto dos premios  en metálico se efectuará do seguinte xeito:

Individual:

1º  premio: 50 €

2º  premio: 30 €

3º  premio: 20 €

Parellas:

1º  premio: 100 €

2º  premio:   70 €

3º  premio:   50 €

Grupos:

1º  premio: 150 €

2º  premio: 100 €

3º  premio:   70 €

Comparsa Xuvenil-Infantil

1º premio: 250 €

2º  premio: 150 €

3º  premio: 100 €

Comparsa Adultos

1º  premio: 400 €

2º  premio: 250 €

3º  premio: 150 €

AMPLO PRAZO DE INSCRICIÓN

Como novidade principal este ano aquelas persoas ou grupos interesados poderán inscribirse para participar no desfile e optar ao premio da súa categoría ata o propio día da celebración do desfile. Iso si, aqueles que opten por inscribirse o luns 15 de febreiro e o propio martes 16 de 16.00 a 17.30 horas na oficina habilitada ao efecto no Pavillón Polideportivo Municipal non terán dereito a recibir os vales para consumición nos establecementos de hostalería colaboradores co Entroido 2010, que si recibirán aqueles que fixeran efectiva a súa inscrición antes do venres 12 de febreiro (inclusive) na Casa da Cultura.

O Entroido de San Ciprián xunto co de Cervo e San Román contan coa colaboración do Concello de Cervo tanto respecto da súa organización como no financiamento dos premios. No caso do Entroido de Cervo a asociación que levará o peso da organización será Airiños do Xunco, mentres que na parroquia de San Román correrá a cargo da asociación de mulleres rurais “As Espalladoras” coa celebración dun baile de Entroido dirixido especialmente ás parroquias do rural. Na capital do Concello a cita festiva será o domingo 14 de febreiro cun desfile de Entroido e no caso de San Román o baile de Entroido terá lugar o sábado 20 de febreiro.

Exit mobile version