Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité local do PP de Burela e o grupo municipal manifestan que apoian ao seu presidente

Nota de Prensa

CARTA Ó DIRECTOR DO PP DE BURELA

O noso interés  é BURELA

Moito se pode decir sobre o desatinado comunicado de prensa da executiva local do PSOE de Burela, publicado o día 4 de febreiro do 2010. Son tantos as descalificacións hacia o noso portavoz e presidente, José María González Barcia, e tan absoluta a ausencia de argumentos, que cicáis o silencio ante tanta mentira sería a mellor resposta. De todos modos, queremos facer público o noso total respaldo ó noso presidente cuia única maldade e traballar e traballar polos veciños de Burela, desde o Concello e desde a Deputación. Outros non poden decir o mesmo. Si eso non lles gusta ou incomoda ós membros da executiva do PSOE sentímolo, pero o traballo e os intereses do pobo de Burela son o noso único fin. Nin nos escondemos, nin caemos en descalificativos vacíos de contido, que responden a un modo de entender a política que non compartimos porque nós non vivimos instalados na intolerancia nin no sectarismo, e moito menos vimos do totalitarismo. Sirva este último punto de exemplo das infundadas e desacertadas afirmacións vertidas pola executiva do PSOE de Burela, nas que eles mesmos retroceden no tempo máis de 40 anos, cando o que deberían facer é despertar e preocuparlles o día a día do noso concello.

Queremos recordarlles para rematar una frase célebre que lle dixo Don Quijote a Sancho Panza e que ilustra claramente a situación do PSOE de Burela co seu secretario xeral á cabeza: “Sigue durmiendo, amigo Sancho, que tú no has nacido para pensar”.

En Burela a doce de febreiro de dous mil dez.

O Comité Local do PP de Burela e o GMPP.

Cristóbal Edrosa, Luis Miguel Pedre, Elisa Crego, Pablo Pernas, Manuel Fernández, Mari Fran Gil, José Luis Lois, Bruno Pedre, Raquel Río, Josefa Yáñez, María José García, Mónica Pedre, Ana Cisneros, Manolita García, José Luis González, Alberto Ramos, Genaro Debasa, José Ferreira, Oscar Riopedre, Silvia Cociña, Xusto Eijo.

Exit mobile version