Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de dirección do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña aborda en Foz o programa de actividades para 2010

FOZ (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistirá mañá en Foz á xuntanza que manterá o comité de dirección do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña. O rexedor e presidente deste Pacto explicou que “no encontro analizaremos as tarefas e actividades que veu desenvolvendo a Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) en relación aos obxectivos a cumprir polo Pacto Territorial; veremos a diagnose e a análise DAFO do territorio realizada ao longo do ano pasado cos indicadores socioeconómicos da Mariña e abordaremos a aprobación das actividades a desenvolver pola UPD durante este 2010”.

Llano engadiu que “queremos clarexar e promover cousas cara o futuro. Esta Unidade comenzou a traballar en xaneiro de 2009 e agora queremos optimizar toda a súa labor neste ano que lle queda de labor. O que imos facer mañá é decidir un pouco o seu futuro e agardamos darlle un impulso á comarca tanto no plan do emprego, do turismo como no da industria. Despois teremos unha asamblea posterior con todos os Concellos para tratar de consensuar esta nova visión da UPD”.

A xuntanza do comité  de dirección do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura de Foz.

Exit mobile version