Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista de Burela celebra a “V Ruta BTT” o domingo 7 de febreiro

BURELA .- O próximo domingo dia 7 de febreiro , o cc. Burela organiza a V ruta btt de Burela , a saída será as 9:30 da mañá dende o pavillón dos institutos.

Esta ruta terá un percorrido de 40 km. e discurrirá por distintos camiños da zona , dende a saída dirixirémonos a Cangas e rodaremos por camiños e sendeiros paralelos a estrada Cangas-Ferreira ata chegar o alto de Pereiros (entre Moucide e Budián) onde cruzaremos a estrada e voltaremos pola outra marxe da mesma con dirección a Burela.

O chegar a Vilasindre e despóis de cruzar o regato , temos dous percorridos , un que irá ata o monte Castelo dende o que farán unha baixada de 3 km. ata o remate da ruta e polo que irán os que cheguen con un horario que lles permita facelo , o outro percorrido non sube o monte Castelo senón que ben ata Burela paralelo a estrada e farano aqueles ciclistas que cheguen máis retradados.

O remate haberá mangueira para lavar as bicicletas , duchas para os ciclistas e unha comida para repoñer forzas e intercambiar opinións.

As previsións da organización en canto á participación son moi optimistas debido a boa acollida que está tendo no foro de BTT en internet , esperamos superar os 150 ciclistas.

Queremos animar a tódolos/as afeccionados ao ciclismo de montaña que se acerquen a pasar un dia de btt con todos nós.

Exit mobile version