Site icon Crónica3.com A Mariña

O Celtas-Primera Calidad volve a perder e o C. B. Xove apraza o seu partido

Encontro disputouse no polideprotivo de Marzán (foto: Miguel Fraga)

FOZ / XOVE (MFO) .- O Celtas-Primera Calidad segue coa súa mala racha e esta vez perdeu en Foz ante o Canteiras de Porriño por 62 puntos a 87.
Dende o principio do partido o claro dominador foi o Canteiras e nos primeiros minutos xa empezou a coller unha boa renda de puntos. Ao final do segundo cuarto o Celtas xogou o seu mellor baloncesto e puido recortar o marcador para irse ao descanso so catro puntos abaixo. Pero isto foi unha ilusión pois na reanudación os de Porriño lograron un parcial de 14 a 30 que deixaría o partido sentenciado. Os últimos dez minutos foron un simple tramite no que os visitantes aumentaron aínda mais a súa vantaxe.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Aarón (10), Miguel (12), Paco (9), Diego (3), Manolo (5) – Lucas (7), Ramón (1), Eduardo (7), Humberto (4), Sama (9) e Manuel.
A nota curiosa foi a case ausencia de afeccionados debido ao desfile de carnaval.
O C. B. Xove pediu o aprazamento do seu partido debido a praga de lesións dos homes de Pablo Castro.

Exit mobile version