Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA de Ribadeo ten o seu perfil en Facebook, con medio cento de siareiros

RIBADEO (FNC) .- O Centro Comercial Aberto de Ribadeo está tamén presente desde fai uns días en Facebook, onde xa conta con medio centenar de admiradores. A intención do CCA é que “esa páxina sexa un ir e vir de ideas dos asociados e de todos os ribadenses?. Na súa presentación nesta rede social os seus creadores aseguran que ?intentamos facer do comercio en Ribadeo unha actividade humanizada, implementando as dos nosos asociados aos que ofrecemos un asesoramento rápido e eficaz”.

Na páxina do CCA de Ribadeo en Facebook “será posible ver fotos, opinar nos seus foros e acceder a todas as informacións que se xeran a diario no Centro Comercial Aberto. Os socios poderán facer chegar as súas actividades a esta páxina, por exemplo unhas xornadas gastronómicas, unhas charlas” todo o que organicen e así todo o mundo que accede a esta rede social pódese informar, segundo explica Beatriz Irigoyen, xerente do CCA de Ribadeo.

Exit mobile version