Xove/FOZ (MFO) .- A vixésimo primeira xornada da liga de baloncesto de Primeira Nacional deixou unha vital vitoria en Xove, que lle gañou por 57 a 53 ao Estudiantes de Lugo, e unha amarga derrota para o Celtas, que perdeu en Ferrol por 88 a 84.
O C. B. Xove levouse o derbi provincial contra o Estudiantes, rival directo pola permanencia, vitoria que confirma a melloría do equipo e o mantén na loita por evitar o descenso. O triunfo e dobre debido a que en caso de empate a vitorias entre os dous equipos o Xove estaría por encima. O partido foi unha batalla de defensas na que os local dominaron os corenta minutos. So nos minutos finais os da capital lograron intimidar os mariñáns. O resultados do resto da xornada deixan a clasificación nun triple empate entre Xove, Rosalia e Estudiantes con sete vitorias pero con un partido menos aos xovenses. Polo Xove xogaron: Javi, Álvaro (6), Andrés (16), Juan María (13), Alcalde (11) – Fernando (7), José David (4), Eugenio e Piñón.
O Celtas-Primera Calidad sufriu un amarga derrota contra o Norinver Ferrol C. B. O mal comezo de partido foi o que privou as focenses de poder logra a segunda vitoria da tempada. Tras o primeiro cuarto (22-13) o Celtas recuperouse e empezou a xogar a un bo nivel a pesar de marcharse ao descanso 13 puntos abaixo. Na reanudación os de Foz mantiveron o bo nivel para chegar aos minutos finais co marcador moi apertado. A falta de 30 segundos e tres puntos abaixo o Celtas tivo un ataque que desperdiciou e non puido rematar a remontada. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Paco (7), Miguel (22), Sama (20), Diego (4), Manolo (11) – Lucas (4), Aarón (12), Manuel (1) e Ramón (3).