NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG PROPÓN QUE PARA FACER MÁIS CONTRATACIÓNS NO CONCELLO SE CONVOQUE UN PROCESO SELECTIVO QUE GARANTA A IGUALDADE DE CONDICIÓNS PARA TODOS E A TRANSPARENCIA. VEIGA PENSA QUE O ALCALDE É UN DOS NOVOS GURÚS DA ECONOMÍA NO SEO DO PP.
Barreiros, 2 de febreiro de 2010. O BNG propón que si se fan máis contratacións no Concello se convoque un proceso selectivo que garanta a igualdade de condicións para todos e a transparencia.
Antonio Veiga dicía no pleno do pasado venres “e volvo a recordalo hoxe e incluso facía unha pregunta ao público para saber si alguén dos alí presentes sabía ou lembraba cando foi o último proceso selectivo realizado no Concello de Barreiros para cubrir unha praza… e ninguén se lembra de cando se fixo ese proceso con todas as garantías de igualdade e transparencia en Barreiros. Aquí os sucesivos alcaldes do PP contrataron dixitalmente, e non porque o concello estea inmerso na era dixital porque ainda lle queda moito”. O nacionalistas sinalan que “si o propio Alfonso Fuente di que ésta é unha forma de combatir o paro, debe ser o alcalde un dos novos gurús da economía no PP, porque parece ser que aí hai moito gurú, moito ilustrado en temas económicos. Xa está ben de demagoxias, dicir que para rematar co paro hai que contratar a todo o mundo na administración pública eso non se sostén. Pero facemoslle unha recomendación ao alcalde porque si quere contratar xente pode facelo na xestoría que ten ao pé do Concello, que contrate na súa xestoría e cos seus cartos o que non pode facer xa no Concello, a ver si a economía da súa xestoría lle aguanta todo eso que lle temos que aguantar todos os veciños”.
Estradas
Veiga Outeiro insiste en que “non se corresponde o invertido en persoal coa prestación dos servizos que se fai. Neste pleno falamos moito deses servizos, como por exemplo do mantemento da rede viairia. Eu creo que é a peor época do Concello de Barreiros en dito mantemento e desde logo, e o alcalde coincidiu con nós no pleno, que nos últimos catro a través do PEIN Barreiros foi un dos Concellos que máis cartos recibiu do bipartito, concretamente da Consellería de Medio Rural. En total viña levando da orde duns 200.000 euros anuais, cómo se distribuiron eses cartos e esas obras haberá que preguntarllo a Alfonso Fuente e que o explique aos veciños. A nós non soubo darnos a resposta o venres”.
Áreas recreativas na N-634
O grupo municipal do BNG fixo unha proposta relacionada coa parroquia de Celeiro de Mariñaos e coa N-634, a respecto dos tres pedazos da estrada vella nos que se ían crear áreas recreativas. Antonio Veiga suliña que “só hai unha onde está a fonte do Barreiro, ainda así esa estrada vella que a circunda está nun penoso estado e coas propias cunetas verquendo auga por enriba. E con respecto ás outras dúas supostas áreas recreativas, a do Pedrón e a do Pozomouro, consideramos que é necesario actuar xa porque son auténticos silveirais. No caso do Pozomouro poderíase adecentar unha maravillosa área recreativa que daría acceso ao rego de San Estevo e poderíase facer unha ruta preciosa ata a capela do Santo Estevo. No Pedrón, na outra punta da parroquia, tamén se podería actuar do mesmo xeito, pero con este descontrol que hai no gasto do Concello de Barreiros, senón se rectifica será difícil que se acomentan todas estas obras e que se rentabilicen ben os poucos recursos económicos que temos”.