NOTA DE PRENSA:
Os nacionalistas denuncian que o PSOE e o PP pretenden que a crise a paguen aqueles que menos teñen.
O BNG oponse a proposta de aumentar a idade de xubilación aos 67 anos.
O Bloque Nacionalista Galego quere denunciar as propostas que en materia de reforma de pensións, e no marco dunha reforma do mercado de traballo, o Goberno do PSOE co apoio do Partido Popular pretende facer cargar as consecuencias da crise a clase traballadora. Neste sentido os nacionalistas queremos criticar a coincidencia en materia de política económica dos dous partidos do turno, que non aforran fondos públicos cando se trata de salvar a banca e ao grande capital e logo pretenden apertar o cinto ao conxunto das clases populares. Os nacionalistas imos a combater as políticas de dereitas que a grande patronal e o PSOE pretenden impulsar, tanto no Congreso dos deputados como na rúa, así como a totalidade do paquete da reforma laboral que o Goberno está a negociar a fín de presentárnola como un grande pacto de estado, cando en realidade o que é, é un pacto contra as maiorías sociais.
No presente ano a pesar de todos os malos prognósticos, a caixa das pensións ten un importante superávit que no ano 2008 chegou aos 50 mil millóns de euros. A explicación é sinxela o sistema de pensións capitalizase polo número de traballadores e traballadoras en activo, e dicir a clase traballadora creceu en 30 anos preto do 70% no Estado, en gran parte pola entrada fundamentalmente das mulleres e poboación agraria desprazada á industria, construción e servizos; por iso a pesar da opinión destes agoireiros nunca foi tan solvente o sistema. En Galiza por exemplo neste período pasamos de menos 700 mil traballadores/as a mais de 1 millón douscentos mil. Cando falan que a expectativa de vida crece, esquécense de dicir que a media de vida da clase traballadora asociada a traballados de dureza e intensa fatiga, como os da industria, automóbil, naval, construción, pedra mar, conserva, téxtil, limpeza, etc, é inferior aos 72 anos. Contrariamente a dos executivos, empresarios, banqueiros, xuíces, notarios, profesións liberais, etc, teñen unha expectativa de vida 10 anos maior. Por tanto quen mais diñeiro ten disfruta mais anos e mellores pensións.
A proxección económica nos próximos anos, como non pode ser doutra maneira, crecemento do PIB e por tanto da produtividade e de poboación ocupada, así a ecuación sempre favorece o mantemento solvente do sistema de pensións. A solución sempre é mais sinxela, o Estado Español ten a porcentaxe de temporalidade maior de Europa, mentres a media Europea non chega ao 17%, no Estado está preto do 40%. Esta precariedade favorece as empresas para explotar mais á clase traballadora e impide que moitos e moitas coticen mais anos, o que favorecería os ingresos da Caixa e daría mellores pensións.Esta debería ser a verdadeira reforma, modificar o réxime de contratación temporal para crear mais emprego fixo. Tanto o P.P e PSOE, levan anos querendo reformar de xeito brutal o sistema público de Pensións, pero teñen medo á contestación popular, por iso, outros encárganse de facer a campaña apocalíptica sobre a quebra do sistema. As pensións son un dereito fundamental e público, polo que en calquera caso debe estar asegurado polos ingresos xerais do Estado, antes que moitos outros gastos.
A proposta de reforma do Goberno ataca dous frontes, a ampliación da idade de xubilación aos 67 anos e a ampliación da media de anos para o cálculo que debería cobrar o traballador ou
traballadora, Neste intre tómanse a media de salario dos últimos quince anos. A primeira medida é devastadora porque nun momento de crise e con taxas elevadas de desemprego, retrasar a idade de xubilación significa impedir a entrada de mais de 200 mil traballadores por ano que substituirían aos que se xubilan. Por outra parte penaliza á clase traballadora que ten as actividades mais duras e penosas que xa agora non chegan en activo aos 65 anos.
A segunda medida ampliando os últimos anos de media para o cálculo da pensión, afectará de espe