NOTA DE PRENSA:
O BNG inicia mañá en Ribadeo unha campaña social e institucional na defensa da nova Lei de Caixas aprobada polo Parlamento Galego e a fusión galega das caixas de aforros.
Os nacionalistas presentarán no conxunto dos concellos da comarca o manifesto “Galiza ten dereito” impulsado polo BNG e asinado pola CIG, CC.OO., UGT, PP e CEG, que tamén se dará a coñecer a entidades económicas e sociais da comarca a fin de recadar o seu apoio.
Galiza ten dereito
Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo
Banco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda
as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e
que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras
Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O
Parlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer como
prioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a
necesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas.
O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de
Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente,
reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiro
propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades
sexan efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do
A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno
galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de
inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a
paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na
situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiro
propio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento
Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:
1.- Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País,
regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por
tanto, preservar a Lei de Caixas de Galiza.
2.- Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que non
nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a
constitucionalidade da lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou a
andaluza. Por que se recurre a nosa e non a deses outros territorios? O
Goberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as institucións
galegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñen
capacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaido para
defender os intereses de todas as galegas e galegos, como ordena o Estatuto
3.- Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno central
tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de
calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do
país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito a preservar
e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión
paritaria, da que xurda unha Caixa solvente como mellor garantia para os seus
traballadores, os impositores e todas e todos os galegos.
Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e
perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro
das galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se
desvíe cara a financiar o desenvolvimento doutros territorios.
Galiza debe defender o seu. Ten dereito.