Site icon Crónica3.com A Mariña

O POL deixa en Foz máis de 200 edificios fóra de ordenación, asegura o BNG

NOTA DE PRENSA
Os nacionalistas denuncian que o POL deixa na vila máis de 200 edificacións fora de ordenación.

O BNG convoca o venres aos veciños de Foz a un acto na Casa da Cultura sobre o POL

Foz, 25 de febreiro de 2010.- O grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego continúa cos actos informativos de explicación do POL no Concello de Foz que iniciou o pasado Domingo en Cangas e que continuou en Vilaronte e Forxán. Xoán Carlos Basanta valorou moi positivamente a participación veciñal nestes actos “o que demostra o interese e a preocupación dos veciños sobre este tema” e lamentou a crítica de deslealdade que por organizar as mesmas lle verqueron desde o PSOE e o PP. “Non parece Rivera a persoa máis axeitada para falar de lealdade á vista do que afirman del os seus compañeiros de Partido e tampouco nos vale que o PP utilice este termo como escusa pola puñalada que lle meten co POL a Foz. Uns e outros non poden votar man da descalificación ao adversario para agochar que non están facendo os deberes”. !Esperemos que a actitude de uns e de outros non signifique que existe un pacto encuberto do PP e do PSoe para aprobar o POL”, recalcou Basanta.

O portavoz Nacionalista anunciou que o calendario de actos vai ter continuidade o vindeiro venres ás 20:30 cun acto que se celebrará na Casa da Cultura de Foz e o Sábado cun acto a celebrar ás 18:00 h na Escola de Fazouro e outro ás 20:00 h no Centro Cívico de Nois. Os nacionalistas volveron a denunciar a forte afección que o POL vai ter na vila e neste sentido quixeron recordar que a case totalidade do solo de Foz vese afectado polo POL tanto na Área de Protección como na Área de Mellora Ambiental A este respecto desde o BNG denunciaron que zonas clasificadas como urbanas tanto no PXOM en tramitación como no Planeamento en vigor aparecen agora como áreas de protección no Prado de Andarramos,Folgueiras, Forxán, Vilaxoane e Corporacións o que provoca que nestes lugares se impidan usos residenciais e que provoque que moitas vivendas fiquen fora de ordenación.

Basanta denunciou tamén que o POL impide o desenvolvemento urbanístico dos urbanizábeis de Folgueiras e de tras as Torres Llas e establece as proteccións de xeito discrecional. Neste sentido afirmou “na malla urbana de Foz desde o cruce onde se ubica a imprenta Tintanova até a Pena e desde a Fonte de Marzán até a Gasolineira fixanse proteccións, cando os núcleos de Marzán e Vilaxoane, son asentamento tradicionais e mesmo recibían ese tratamento no PXOM que foi sometido en 2007 a aprobación inicial”. O Portavoz Nacionalista destacou tamén que na vila fican fora de ordenación arredor de máis de 200 vivendas, algunhas deles en edificios en construción, o que na práctica, o que na práctica impide a súa venda xa que sobre vivendas nestas condicións non se pode formalizar ningún tipo de hipoteca.

Os representantes do BNG na Corporación de Foz afirmaron que tamén á area de mellora ambiental e paisaxística, onde vai ser necesaria a dupla licenza naquelas zonas de urbano e solo de núcleo no que se permitan usos residenciais, afecta núcleos do Concello como todo o solo urbano da vila, agás aquel xa citado e definido como de protección. Na mesma liña destacaron que é definido tamén como solo de protección as bolsas de solo de núcleo rural na Barrosa, Porto de Nois, Fondo Nois,Arealonga,Trasmonte ou Carpacide en Nois; en Bargado, Lousada, Morgallón, Caldouceiro, ou Vilarmea en Fazouro. A este respecto, Basanta denunciou que se hipoteca a posiblidade de calquera desenvolvemento nos núcleos de Fazouro e Nois quen non aparecen recollidos no Plano de Ordenación do Litoral como núcleos de identidade, polo que se lles nega o seus carácter de asentamento tradicional.

Exit mobile version