Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove pide un ascensor para o salón de actos do Concello

Nota de Prensa

Un ascensor para o Salón de Actos

O goberno do Concello de Xove, cun orzamento de 6.601.341 €, tardou máis de sete meses en destinar 33.000 € (un 0,5 % do total) para a instalación dun ascensor que permita o acceso sen atrancos ao Salón de Actos.

O BNG denunciara esta situación despois de que o equipo de goberno xovense acordara derrubar a rampla do Salón de Actos do Centro Cívico sen habilitar antes un novo acceso para os usuarios. Marco López mostrouse colaborador e quixo poñer o seu grao de area para que as cousas se fagan “con sentidiño”.

O responsábel local do Bloque en Xove asegurou unha vez máis poñerse a disposición do alcalde para axilizar tamén este asunto e que “non adiemos outros sete meses o comezo da obra” tras o erro cometido no verán polo executivo local, xa que o problema de accesibilidade e seguridade non pode agardar máis.

López declarou a súa vontade de rematar con esta condena inxusta para os cidadáns que non poden acceder con liberdade a un edificio tan demandado coma o Salón de Actos, e falou de exemplos concretos, como o de que houbo pícaros este Nadal que non viron os Reis Magos “ao non poderen seus pais subir o carriño”.

Marco López insistiu en que a Administración Local debería ter unha sensibilidade meirande na erradicación das barreiras arquitectónicas que forman parte desde hai anos do mobiliario urbano e rural do Concello, e que é obriga dun bo goberno non crear barreiras coa obra nova.

Exit mobile version