Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove denunica graves deterioros no pavillón de deportes

NOTA DE PRENSA:
O BNG de Xove denunica graves deterioros no pavillón de deportes

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha pregunta por escrito perante o pleno da corporación municipal tras recibir diferentes queixas de clubes, asociacións deportivas e particulares debido ao lamentábel estado do pavillón polideportivo. Esta situación podería ter consecuencias prexudiciais, xa que incluso é perigoso para a integridade física dos deportistas.

As causas dos estragos semellan deberse á entrada no pavillón de vehículos pesados, ás partículas en suspensión que se desprenden dos materiais do insonorizado do polideportivo e mais ao deterioro da cuberta da pista; todo isto relacionado coas festas con orquestra que se veñen desenvolvendo no edificio.

O responsábel da formación nacionalista na localidade apoiou a festa como un excelente xeito de divertirse e lembrou que existen outros locais no Concello aptos para os bailes, como o propio Salón de Actos. Un lugar este, dixo Marco López, onde ademais “ninguén pasaría frío”. Aínda que tamén advertiu que, por suposto, para poder tocar nese local o persoal técnico da orquestra tería que carretar os equipos de son e os instrumentos “como se fixo toda a vida”.

Marco López sinalou a orixe deste grave problema na “avaricia” do equipo de goberno actual ao querer converter un espazo para a práctica do deporte nun “multiusos”. Tamén quixo lembrar que nos dous últimos anos lévase gastado moito diñeiro en preparar un pavillón que agora “está peor que antes”.

López tamén indicou que os arranxos do pavillón deberíanse realizar pola empresa privada que explota e saca rendemento económico deste negocio nun edificio público (arrendado en tan só 60 € por día, segundo un decreto da alcaldía) e non cos cartos de todos os veciños de Xove.

Exit mobile version