Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo entende que a desafectación do colexio Rivera Casas é precipitada, sen argumentos serios e fiables e non a apoiará

Nota de Prensa

O BNG NON VAI APOIAR A DESAFECTACIÓN DO RIVERA CASAS POR ENTENDELA PRECIPITADA E SEN ARGUMENTOS SERIOS E FIABLES

Os nacionalistas lembran que hai dous procedementos xudiciais abertos pendentes de resolución polo peche do colexio

O goberno local pode estar buscando amañar o problema dun promotor cun edificio construído que non se axusta á normativa urbanística actual da zona

Cervo, 18 de febreiro de 2010. O BNG non vai apoiar a desafectación do Rivera Casas proposto pola alcaldía para o pleno do venres. Os nacionalistas lembran que existen dous procedementos xudiciais abertos e sen resolución, un ordinario e un contencioso administrativo contra a resolución da Consellaría de Educación de pechar o centro. Para o BNG a iniciativa do alcalde e precipitada e as motivacións non son convincentes, os nacionalistas sospeitan que detrás da postura do alcalde agóchase a intención de solventar o problema dun promotor cun edifico xa executado no entorno que non se axusta á nosmativa urbanística hoxe vixente na zona polo que non se lle pode dar licenza de habitabilidade.

A optimización de recursos non semella estar dentro das prioridades do Partido Popular

Os nacionalistas criticaron a ausencia de criterio do PP con esta proposta que cualificaron de precipitada e fora de lugar xa que as intencións pouco concretadas consisten en recuperar a vella idea de deixar ese espazo libre que lembraron ten unhas dimensións de 4.500 m2 no centro do pobo. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, 4.500m2 dan para moito, nese espazo colle unha gardería en condicións que non temos, unha praza de 2.000m2 e ate un centro de día que o PP quere mandar para a periferia. O nacionalista ademais criticou o empecinamento do alcalde en levar primeiro aos escolares e agora á terceira idade á periferia do pobo.

O alcalde está  preocupado por solucionar os problemas dun promotor e este e o primeiro paso

O BNG sospeita que detrás da proposta do alcalde está a intención de resolver os problemas dun edificio construído a carón do Rivera Casas cunha licenza concedida durante o tempo no que a  modificación das normas subsidiarias promovidas polo concello converteron a parcela do Rivera Casas en zona verde, e que pouco tempo despois foron devoltas a espazo dotacional para usos educativos tal como están agora, polo que nesta situación impídese conceder licenza de habitabilidade ao edifico construído por superar a edificabilidade permitida. Estúa advertiu que de ser realmente esas as intencións do alcalde, debería explicalo con claridade e non mentir á cidadanía.

A precipitación do alcalde esquece que contra o peche do Rivera Casas existen dous procedementos xudiciais aínda abertos.

O BNG cualificou ademais de aventurado e pouco prudente promover unha desafectación sobre uns inmobles que foron centro educativo e sobre o que aínda están pendentes de resolución dous procedementos xudiciais contra o seu peche. Xoán Antón Estúa preguntouse que pasaría si estes procedementos resultasen positivos para o seus promotores, e cualificou dunha absoluta falta de respecto do alcalde non só aos veciños e veciñas promotores destas causas, senón tamén á administración de xustiza.

Exit mobile version