Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de A Mariña amosa o seu pesar polo pasamento de Antón Moreda Rodríguez

Nota de Prensa

O BNG MARIÑÁN AMOSA O SEU PESAR POLO PASAMENTO DE ANTÓN MOREDA RODRÍGUEZ

Para Antonio Veiga o nacionalismo galego construíuse con homes e mulleres como Antón Moreda

Antón Moreda foi unha figura clave no nacionalismo galego da segunda metade do século XX

A Mariña, 4 de febreiro de 2010. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña quixo mostrar o seu pesar polo pasamento de Antón Moreda Rodríguez. Para o Portavoz Comarcal, Antonio Veiga Outeiro, o exemplo de Antón Moreda no traballo desinteresado e un facho aceso para seguir loitando pola patria e pola lingua.

Antón Moreda Rodríguez naceu en San Miguel de Reinante no ano 1934 formando parte dos fundadores das Mocidades Galeguistas no exilio no ano 1953, das que pasou a ser Secretario Xeral e participou no I Congreso da Emigración Galega e Presidente do Consello da Mocidade Galega en 1963 ademais de participar no colectivo Brais Pinto.

O BNG mariñán por medio do seu portavoz comarcal, Antonio Veiga, quixo facer fincapé no exemplo deixado por Antón Moreda na loita incansábel e desinteresada pola defensa dos intereses colectivos do pobo galego que debe servir de guía para a mocidade de hoxe ao igual que o foi no pasado. Veiga lembrou que Antón Moreda foi o fío condutor que uniu a mocidade nacionalista do exilio e do interior da nosa nación.

Por último, Veiga, dixo que a memoria e o traballo de homes e mulleres como Antón Moreda que foron partícipes e protagonistas da historia do nacionalismo galego do último século, debe ser o facho que guíe o noso traballo no presente e no futuro, na defensa de causas tan importantes e tan vixentes na actualidade como e a defensa do noso idioma ou a capacidade do noso país para manter todas aquelas ferramentas que nos permitan avanzar  no camiño da autodeterminación.

Exit mobile version