Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo quere que o BNG vaia aos tribunais se ten sospeitas de ilegalidades urbanísticas

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pediulle “por favor” ao voceiro nacionalista Xoán Antón Estúa que acudira aos xulgados se ten datos de que o Concello cometeu unha ilegalidade urbanística nun edificio que está preto do colexio Rivera Casás.

Segundo Villares, os membros do equipo de Goberno local estarían “eternamente agradecidos” ao representante nacionalista “se hoxe mesmo” puxera en coñecemento da xustiza “acusacións veladas” que fai publicamente contra da actuación municipal neste tema.

Deste xeito, asegura Villares, o BNG estaría a demostrar “que é verdade cando di que quere contribuír de forma valente e responsable en favor dos intereses municipais”. Do contrario, “estaría a evidenciar que o único que pretende é enrarecer o ambiente veciñal sementando dúbidas e falsas acusacións entre os veciños do municipio tomando como escusa a nosa pretensión de desafectar o colexio Rivera Casás para facer alí unha zona pública de esparexemento” indicou o rexedor cervense.

Exit mobile version