Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela convoca á comisión de seguimento do PXOM para analizar o impacto do POL

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela convoca para o vindeiro xoves 18 de febreiro unha xuntanza da comisión de seguimento do PXOM “para seguir avanzando nesta elaboración e para analizar as repercusións que o Plan de Ordenación do Litoral ten sobre Burela e as alegacións a presentar”.

Alfredo Llano asegurou que “primeiro imos ver cómo se atopa o avance do PXOM, que ía moi adiantado, pero agora ao ter información e dous meses para presentar alegacións diante dese POL o que imos facer é tentar buscar solucións. O idóneo sería que o PXOM recollese esa ordenación do litoral de tal maneira que non afecte ao desenvolvemento do noso municipio”.

O rexedor considera que “hai que procurar que aquelas cousas que tiñamos contempladas como moi positivas no PXOM que non se veñan agora abaixo co POL. Temos que conxugar perfectamente os dous plans para que non se contrarresten, senón que se complementen e que figuren como unha sóla cousa. Penso que o POL non debe afectar de xeito negativo ao que é o desenvolvemento do municipio, así que plantexaremos as nosas propias alegacións coa intención de ter unha garantía de futuro para o noso municipio”.

Exit mobile version