Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela agarda licitar en breve os proxectos do Plan E 2010

BURELA (FNC) .- O alcalde agarda licitar en breve os proxectos a realizar con cargo ao plan E deste ano e que a maioría das obras estean listas o vindeiro mes de xuño.

Alfredo Llano asegurou que esta mañá recibiu comunicación do goberno central sobre os dez proxectos que xa foron aprobados. O rexedor sinalou que “dos 11 proxectos presentados polo Concello de Burela 10 xa recibiron o visto bó e que queda non creo que teña problemas para poder ser aprobado a vindeira semana. Tamén teñen que aprobar os 200.000 euros que destinaremos a políticas sociais”.

Os proxectos que se realizarán nos vindeiros meses son: a reforma da iluminación da praza do Concello, a implantación da administración electrónica no Concello, a reforma da iluminación do parque Rosalía de Castro e do campo de fútbol de A Marosa, a instalación de placas solares no pavillón deportivo municipal Vista Alegre e no campo de fútbol de A Marosa, a instalación fotovoltaica conectada á rede sobre a cuberta do pavillón Vista Alegre, a reposición de farolas e reforma da instalación eléctrica na Avenida de Arcadio Pardiñas, a creación dun pozo de bombeo para a EDAR, actuacións medio ambientais en Vilar, a reposición da cuberta e obras de mantemento na Escola de Música Municipal e a eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da seguridade vial.

Llano suliñou que “inmediatamente comenzaremos a movernos para poder licitalos o antes posible e que estean rematados s a grande maioría antes do mes de xuño”.

Orzamentos aprobados

No pleno ordinario celebrado onte no Concello de Burela quedaron aprobados cos votos a favor de PSOE e BNG os orzamentos de 2010 que ascenden a 6,1 millóns de euros. O PP votou en contra. O alcalde sinalou que “os presupostos descenderon un 10% con respecto aos do ano pasado, pero foron feitos con responsabilidade. Son un reflexo da crise que se está a vivir e onde se ven mermados os ingresos procedentes de impostos e taxas do Concello ou as aportacións chegadas desde outras administracións como o Estado ou a Xunta”. Alfredo Llano engade que “con eses 6,1 millóns de euros nos teremos que mover, con eses cartos están garantizados todos os servizos aos veciños de Burela. Ademáis contaremos con ese millón de euros do Plan E de 2010 e temos outros 400.000 euros dun convenio asinado con Espina y Delfín que empregaremos este ano ou o vindeiro, dependerá de cando fagan falta, para realizar inversións. As posibilidades son grandes si temos en conta todas estas partidas”.

Temporal

Por outra banda, o rexedor mantivo un encontro esta mañá con Protección Civil e coa Delegación de Obras e Servizos para coordinar todos os efectivos que se porán en marcha mañá sábado coa chegada dun fenómeno metereolóxico adverso previsto para a tarde noite do 27 de febreiro.

Exit mobile version