Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que está traballando para que as vivendas sociais teñan ascensor

BARREIROS(FNC) ._ O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que o Concello está a traballar para que as vivendas sociais de San Cosme conten con ascensor. O rexedor asegura que “é absolutamente falta a noticia que hoxe aparece recollida nalgún medio de comunicación dicindo que nós rexeitamos unha iniciativa sobre este asunto presentada polo PSOE. O tema do ascensor xurdiu no capítulo de rogos e preguntas no pleno do pasado venres, co cal nós non rexeitamos nada”.

Fuente Parga sinala que “desde o Concello estamos a traballar neste asunto, estamos a mirar as posibilidades que se plantexan. Por outra banda, a nai da nena que ten problemas de mobilidade e que reside nunha desas vivendas xa se reuniu co alcalde para abordar esta cuestión”. O rexedor tamén puntualiza que “esta meniña está recibindo fisioterapia gracias ás xestións realizadas polo alcalde de Barreiros a través das escolas deportivas municipais. Un tratamento que recibe de xeito totalmente gratuíto”.

Exit mobile version