Técnicos da Deputación Provincial de Lugo desprazáronse hoxe ata a Burela para reunirse cos do Concello “co fin de recabar todos os datos necesarios de cara á auditoría para conseguir a certificación ISO 14001 para as praias de A Marosa, Ril e O Portelo”, segundo ven de comentar o alcalde. Para o alcalde “a ISO 14001 ofrece garantías de baño, de uso e de servizos, de aí que nos pareza importante contar con ela”.