Site icon Crónica3.com A Mariña

Moitas cucadas e baixos tanteos na tirada de bolos de Xove pola dificultade do campo

XOBVE .- Tarde chuviosa. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores. Na Liga Senior victoria de Luis Rancaño Bouso, na Sub 18 reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez e na Feminina, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo.

NOTA DE PRENSA

XXIª TIRADA DE BOLOS

Xª SUB 18  (TEMPORADA  2009/2010)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE ==== 36   INSCRITOS:    24 NA LIGA SENIOR,   6   NA LIGA SUB 18  E    6   NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO LUIS RANCAÑO BOUSO 134 12
SEGUNDO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 131 10
TERCEIRO JORDI MEITÍN SERANTES 115 8
CUARTO CARLOS JAVIER RODRÁIGUEZ CASABELLA 110 7
QUINTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 110 6
SEXTO CARMEN ROCA CORRAL 107 5
SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 83 4
OITAVO ARTURO VIGO CASABELLA 81 3
NOVENO AUGUSTO ALBO OCAMPO 80 2
DÉCIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 79 1
MELLOR BOLADA JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 56 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO JOSE VIGO LAGE 118 6
SEGUNDO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 94 4
TERCEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 61 3
CUARTO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 24 2
QUINTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 21 1
MELLOR BOLADA ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 47 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 107 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 49 4
TERCEIRO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 36 3
CUARTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 27 2
QUINTO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 24 1

INCIDENCIAS DA 13 TIRADA

CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE

( sábado, 31 de xaneiro de 2010)

-36 inscritos, 24 na Liga Senior, 6 na Liga Sub 18 e 6 na Liga Feminina.

Tarde CHUVIOSA. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores.

Liga Senior.-  Victoria de Luis Rancaño Bouso,  o cal nos alegra especialmente debido a que Luis, en compaña de Adrián Bouso GAvín, desprázanse tódolos sábados dende Lugo capital para vir a xogar aos bolos ao noso Concello, o cal levan facendo dende comezos da temporada pasada (temporada 2008/2009). Esta victoria permítelle a Luis pasar a ocupar a 8ª posición.

Pola parte superior da táboa sigue a pelexa entre Ginés Rodríguez e José Rafael González, que nesta ocasión favoreceu a José  Rafael, cuxo segundo posto e mellor bolada lle permite recortar  5 puntos ao líder. Por detrais, César Cancelos e Moisé Rodríguez continúan coa súa particular pelexa polo terceiro posto, perseguidos a unha certa distancia por Carlos Javier Rodríguez (irmán de Moisés) e José Manuel Cociña, con 51 e 49 puntos respectivamente.

Liga Sub 18.- Reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez; esta victoria permítelle ampliar a vantaxe sobre o segundo e disminuir un pouco a presión ao que o estaba a someter Cristian. A falla de cinco tiradas, cáseque que con toda seguirade que entre Jose Vigo e Cristian Rodríguez se van a xogar o primeiro e segundo postos. Para o terceiro temos a Óscar Meitín con 38 e Andrés Rodríguez con 37, e xa máis descolgado está Alex Meitín, quen por enfermidade non está a render nas últimas tiradas.

Liga Feminina.- Nesta Liga, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo, que é, semana a semana, copar as dúas primeiras posicións, con victoria esta vez para Carmen Roca, o que lle permite ampliar a sete puntos a súa vantaxe sobre Dolores. Decir tamén, que Carmen incluso foi capaz de colarse na clasificación masculina, dado que cos 107 tantos acadados nesta tirada, conseguiu acabar sexta na Liga Senior.

A Vindeira tirada, e quinta da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, na Parroquia de Xuances  O SÁBADO, 20 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS. Polo tanto, este vindeiro sábado 6 de febreiro tíña que celebrarse a tirada do Centro Social de O Cruceiro, pero a aprazamos para o sábado 13 de marzo debido a que o Club de Bolos Xove ten que disputar unha proba do Campionato Galego o 6 de febreiro.

Exit mobile version