XOBVE .- Tarde chuviosa. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores. Na Liga Senior victoria de Luis Rancaño Bouso, na Sub 18 reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez e na Feminina, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo.
NOTA DE PRENSA
XXIª TIRADA DE BOLOS
Xª SUB 18 (TEMPORADA 2009/2010)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
CAMPEONATO DE BOLOS DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE ==== 36 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 18 E 6 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 134 | 12 |
SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 131 | 10 |
TERCEIRO | JORDI MEITÍN SERANTES | 115 | 8 |
CUARTO | CARLOS JAVIER RODRÁIGUEZ CASABELLA | 110 | 7 |
QUINTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 110 | 6 |
SEXTO | CARMEN ROCA CORRAL | 107 | 5 |
SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 83 | 4 |
OITAVO | ARTURO VIGO CASABELLA | 81 | 3 |
NOVENO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 80 | 2 |
DÉCIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 79 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 56 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 118 | 6 |
SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 94 | 4 |
TERCEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 61 | 3 |
CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 24 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 21 | 1 |
MELLOR BOLADA | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 47 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 107 | 6 |
SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 36 | 3 |
CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 27 | 2 |
QUINTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 24 | 1 |
INCIDENCIAS DA 13 TIRADA
CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE
( sábado, 31 de xaneiro de 2010)
-36 inscritos, 24 na Liga Senior, 6 na Liga Sub 18 e 6 na Liga Feminina.
Tarde CHUVIOSA. Campo moi blando, que coa choiva acabou embarrándose e dificultando enormemente as tiradas, facendo que os tanteos fosen moi baixos, con moitas cucadas por parte dunha gran parte dos xogadores.
Liga Senior.- Victoria de Luis Rancaño Bouso, o cal nos alegra especialmente debido a que Luis, en compaña de Adrián Bouso GAvín, desprázanse tódolos sábados dende Lugo capital para vir a xogar aos bolos ao noso Concello, o cal levan facendo dende comezos da temporada pasada (temporada 2008/2009). Esta victoria permítelle a Luis pasar a ocupar a 8ª posición.
Pola parte superior da táboa sigue a pelexa entre Ginés Rodríguez e José Rafael González, que nesta ocasión favoreceu a José Rafael, cuxo segundo posto e mellor bolada lle permite recortar 5 puntos ao líder. Por detrais, César Cancelos e Moisé Rodríguez continúan coa súa particular pelexa polo terceiro posto, perseguidos a unha certa distancia por Carlos Javier Rodríguez (irmán de Moisés) e José Manuel Cociña, con 51 e 49 puntos respectivamente.
Liga Sub 18.- Reacción do líder Jose Vigo, quen conseguiu cortar a racha de tres victorias consecutivas de Cristian Rodríguez; esta victoria permítelle ampliar a vantaxe sobre o segundo e disminuir un pouco a presión ao que o estaba a someter Cristian. A falla de cinco tiradas, cáseque que con toda seguirade que entre Jose Vigo e Cristian Rodríguez se van a xogar o primeiro e segundo postos. Para o terceiro temos a Óscar Meitín con 38 e Andrés Rodríguez con 37, e xa máis descolgado está Alex Meitín, quen por enfermidade non está a render nas últimas tiradas.
Liga Feminina.- Nesta Liga, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo, que é, semana a semana, copar as dúas primeiras posicións, con victoria esta vez para Carmen Roca, o que lle permite ampliar a sete puntos a súa vantaxe sobre Dolores. Decir tamén, que Carmen incluso foi capaz de colarse na clasificación masculina, dado que cos 107 tantos acadados nesta tirada, conseguiu acabar sexta na Liga Senior.
A Vindeira tirada, e quinta da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, na Parroquia de Xuances O SÁBADO, 20 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS. Polo tanto, este vindeiro sábado 6 de febreiro tíña que celebrarse a tirada do Centro Social de O Cruceiro, pero a aprazamos para o sábado 13 de marzo debido a que o Club de Bolos Xove ten que disputar unha proba do Campionato Galego o 6 de febreiro.