Site icon Crónica3.com A Mariña

Lugo perdeu 2.628 autónomos dende abril de 2009, a unha media de once ó día, asegura o PP

Nota de Prensa

Lugo perdeu 2.628 autónomos dende o pasado mes de abril, a unha media de once ó día, asegura o Partido Popular

* O senador José  Manuel Barreiro e o deputado nacional Joaquín García explicaron hoxe as propostas que o seu partido está  a promover en Madrid para defender os intereses dos autónomos e as pemes

Lugo, a 12 de febreiro de 2010.- Once autónomos da provincia de Lugo ó día déronse de baixa na Seguridade Social durante os últimos oitos meses. Con este argumento defenderon hoxe o deputado nacional Joaquín García e o senador José Manuel Barreiro a necesidade de adoptar medidas urxentes e eficaces que permitan dar un respiro tanto ós autónomos como as pemes ante a difícil situación económica na que se atopan non só na provincia de Lugo senón en todo o país.

Os representantes populares explicaron que con este obxectivo o Grupo Parlamentario Popular levaron ó Congreso unha proposición de lei que este martes foi aprobada por unanimidade para permitir que ambos colectivos non teñan que tributar polo IVE das facturas que aínda teñan pendentes de cobro.

Unha das moitas medidas que, segundo indicaron, o Partido Popular levou ó Congreso ou ó Senado para tentar que o Goberno de Zapatero rectifique a súa política en materia económica e permitan reactivar a actividade e frear a destrucción do emprego pero que en moitos casos foron rexeitadas polo Partido Socialista ou, se recibiron o respaldo das cámaras, o executivo non puxo en práctica.

De feito, segundo salientaron, a proposta para que as pemes e os autónomos nos paguen o IVE das facturas ata que non as cobren, dado ademais que nunha gran maioría dos casos son as propias administracións públicas as responsables da demora deses pagos, xa fora platexada polo PP en abril do pasado ano e que contou tamén co respaldo do Congreso pero que o Goberno de Zapatero non chegou a poñerse en vigor.

Barreiro e García agardan que nesta ocasión a iniciativa chegue a aplicarse e, polo tanto, poidan beneficiarse dela os afectados. Suliñaron os populares que todo o apoio que se preste ós autónomos e pemes será pouco dados os problemas que están a pasar e tendo en conta que son eles os que ofrecen os empregos máis estables e que na provincia de Lugo o seu peso específico é fundamental.

Salientaron neste senso que Lugo foi a que porcentualmente perdeu máis autónomos nestes oito meses de Galicia, un 6,29 por cento, cando a media das catro provincias galegas neste período situouse no 5,39 por cento.

Exit mobile version