Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá presentou o programa de Entroido que organiza a ACIAL e o Concello

LOURENZÁ .- Lourenzá presentou o programa de Entroido que organiza a ACIAL e o Concello. A Concellería de Cultura recorda que segue aberto o prazo para anotarse no curso de confección de disfraces, que se vén celebrando os mércores e venres

Nota de Prensa

Dende a Concellería de Cultura de Lourenzá, infórmase que segue aberto o prazo para anotarse no curso de Confección de Disfraces, que se vén celebrando os mércores e venres de 20:30 a 22:30 horas (remata o venres, 19 de febreiro), nas dependencias da Casa da Xuventude. Esta actividade xorde do interese e a entidade que o Entroido laurentino vai tendo ano tras ano, converténdose nun referente na zona. Deste xeito, as persoas interesadas, teñen a posibilidade de contar cunha axuda para a elaboración dos seus traxes. Anotan e informan desta actividade, na Casa da Xuventude, no teléfono 982 12 20 15, en horario de 16:30 a 19:30 horas.

Por outra banda, a área de Cultura do Concello laurentino colabora coa ACIAL (Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá), na organización da Festa de Entroido Infantil, que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de febreiro, e na cal se distribuirá unha chocolatada con biscoito entre tódolos nenos asistentes. Dentro desa celebración, os representantes de ACIAL teñen previsto escoller a raíña infantil desta edición do Entroido.

Finalmente, e como prato forte do Entroido, vense de presentar conxuntamente, coa presencia do Alcalde (Vidal Martínez-Sierra López) e a Concelleira de Cultura (Mª Guadalupe Flórez Seivane) (posto que o Concello colabora na organización e patrocinio do evento); no Salón de Actos da Casa Consistorial, e coa presenza da directiva de ACIAL (organizadores do Entroido), o programa do “DOMINGO DE PIÑATA”, que supón o broche de ouro do Entroido na Mariña, e que nesta edición, se celebrará o día 21 de febreiro.

Destacan na edición deste ano:

* A  presenza dunha nova carroza municipal, onde desfilarán a raíña e damas infantís (que busca contribuir á vistosidade do desfile).
* A dotación presupostaría do evento, que ascende a 12.000 €; dos cales, máis de 6.000 € están directamente destinados a premios para os participantes.
* A continuidade no sistema de xurado, composto por representantes dos departamentos de Cultura dos Concellos da Mariña (Concelleiros ou Técnicos dese departamento); o que garante a obxectividade e imparcialidade nas decisións que se toman á hora de elexir e valorar aos participantes.
* As canles para consultar e informarse das bases de participación no desfile; que permiten aos interesados anotarse antes da data do mesmo.

Teléfono e fax: 982 12 12 47

Teléfono: 982 12 12 07

Móvil: 609 86 77 04

* Por outra banda, tamén se poderá consultar a totalidade do programa na web do Concello (dende o luns): www.concellodelourenza.es

Como broche de ouro á celebración da entrega de premios, os asistentes desfrutarán da actuación de orquestra GRAN PARADA.

Exit mobile version