Site icon Crónica3.com A Mariña

Interésase o PP polo motivo polo que non foron recibidos na Deputación 10 dos seus alcaldes

Nota de Prensa

O GPPP asegura que dez alcaldes do PP aínda non foron recibidos nin visitados por Gómez Besteiro

O PP preguntará polos motivos polos que non “foi posible” nin a recepción nin a visita

Lugo, a 23 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que dez alcaldes do PP aínda non foron recibidos nin visitados os municipios ós que representan polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o que demostra que este mentiu no seu discurso de investidura cando afirmou que antes de final de ano (2007) tería visitado e recibido a todos os rexidores locais da provincia.

Por eso, os populares queren saber cales son os motivos de fondo que provocaron que non fora posible nin a recepción nin a visita a eses dez concellos. Unha actitude na que o PP vé un claro ninguneo á cidadanía así coma unha certa belixerancia política, dado que algúns deses alcaldes son moi críticos coa actuación da Deputación, aínda que eso non debería ser obstáculo para manter unas boas relación institucionais.

O voceiro adxunto dos populares na administración provincial, José María González Barcia, foi claro a este respecto: “Besteiro parece unha plañidera cando recibe invitacións e non asiste, pero amosa un alto grao de cinismo ó non recibir nin visitar concellos con alcalde do PP ou se os visita de xeito oficial opta, en ocasións, por non comunicar a súa presencia (exemplo do acontecido no concello de O Incio e polo que tamén se preguntará no pleno de hoxe). Con ese proceder demostra que é Presidente da Deputación só para os que pensan coma el”.

Barcia tamén asegurou que as visitas de Besteiro, “rodeadas dun séquito máis propio dun emirato árabe que dunha Deputación que se vai endebedar ata as cexas por importe de 37,5 millóns de euros no pleno de hoxe”, dan pouco de si xa que as adica a inaugurar obras de “a doce mil euros, as de comunidades veciñais”.

O GPPP tamén se interesará na sesión plenaria pola data na que a Deputación ten previsto proceder á aprobación do plan de conservación e mantemento da rede viaria provincial que deberá sustituir ó actualmente en vigor.

Exit mobile version