Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciativa do PP no Parlamento para recuperar o proxecto do cinto industrial de Alcoa

NOTA DE PRENSA:
Mañá terá lugar o debate e votación da iniciativa do deputado popular, Jose Manuel Balseiro Orol, para a recuperación do proxecto de construción do cinto industrial de Alcoa, anulado pola Xunta bipartita

* Esta grande área industrial servirá como estímulo para a creación de novos proxectos empresariais, un gran número de novos postos de traballo e un despegue económico en toda a comarca que contribuirán decididamente na loita pola superación da crise.

O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol promove a recuperación do proxecto de construción do cinto industrial de Alcoa anulado no seu día pola Xunta bipartita. O Grupo Popular rexistrará unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia instando ao Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo a rescatar este ambicioso plan que o 31 de xullo do 2008 o Consello da Xunta desbotou a proposta da Consellería nacionalista de Vivenda, nunha decisión altamente polémica e moi cuestionada.

Balseiro Orol lembra que, no verán de 2008, con clara aleivosía, nacionalistas e socialistas acordaron deixar sen efecto a creación desta grande área industrial, entre os concellos de Cervo e Xove, nunha decisión que, na opinión dos populares, implicou unha grave lesión para os intereses do conxunto da Mariña lucense. De feito, supoñía paralizar sine die e sen efectuar unha correcta avaliación das súas consecuencias a dotación dun grande espazo de solo industrial, no contorno da multinacional do aluminio, que serviría para dinamizar a situación da nosa economía

MÁIS EMPREGO, MÁIS EMPRESAS

O deputado popular salienta o seu convencemento de que esta nova grande área industrial -que o Partido Popular pide recupere a Xunta- servirá como estímulo para a creación de importantes proxectos empresariais, e permitirá xerar un gran número de novos postos de traballo, en definitiva, dous factores que contribuirá decididamente na loita pola superación da crise.

UN PROXECTO PROMOVIDO NO SEU DÍA POLO PP

En maio de 2004 por entonces polo Goberno de Manuel Fraga promoveu o denominado Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais. A través deste proxecto a Xunta popular pretendía levar adiante a construción, promoción e explotación daqueles parques industriais que se consideraban máis necesarios en atención a diversos factores, entre os que primaban as circunstancias socio económicas de cada unha das bisbarras nas que se situarían os futuros emprazamentos. Máis en concreto, para a primeira fase do cinto industrial de Alcoa, reservábanse 250.000 metros cadrados de terreo entre os concellos de Xove e Cervo, o que o convertería nun dos polígonos empresariais máis grandes da provincia, xunto co de Bahamonde.

Exit mobile version